Dear Catastrophe Waitress
Dear Catastrophe Waitress é o sexto álbum de estudio da banda escocesa de indie pop Belle & Sebastian, publicado o 6 de outubro de 2003 a través do selo Rough Trade Records. Trevor Horn, antigo membro de The Buggles e produtor de grupos como Yes e Frankie Goes to Hollywood, supervisou a produción do álbum, dándolle un son máis puído e pop, contrastando enormemente cos seus anteriores traballos cun son máis lo-fi e folk (aínda que cancións como "Lord Anthony" aíndamanteñen o seu vello son). En particular, a bailable "Stay Loose" demostrou ser a primeira dunha serie de cancións (como "Your Cover's Blown" e "Sukie in the Graveyard") que se afastaron das súas raíces.
Dear Catastrophe Waitress | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Belle & Sebastian | ||||
Publicado | 6 de outubro de 2003 | |||
Gravación | verán de 2003 | |||
Duración | 48:17 | |||
Xénero(s) | baroque pop | |||
Selo(s) | Rough Trade Records | |||
Produtor | Trevor Horn | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
"Stay Loose" foi editada para a radio o 24 de febreiro 2004.[1] O álbum foi nomeado ao Mercury Prize de 2004, e a canción "Step into My Office, Baby" entrou na lista curta para un premio Ivor Novello Award na categoría de mellor canción.
En 2007 Dear Catastrophe Waitress levaba vendidas 138 000 unidades nos Estados Unidos.[2]
Listaxe de cancións
editarN.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Step into My Office, Baby" | 4:12 | |||||||
2. | "Dear Catastrophe Waitress" | 2:22 | |||||||
3. | "If She Wants Me" | 5:05 | |||||||
4. | "Piazza, New York Catcher" | 3:03 | |||||||
5. | "Asleep on a Sunbeam" | 3:22 | |||||||
6. | "I'm a Cuckoo" | 5:26 | |||||||
7. | "You Don't Send Me" | 3:08 | |||||||
8. | "Wrapped Up in Books" | 3:34 | |||||||
9. | "Lord Anthony" | 4:14 | |||||||
10. | "If You Find Yourself Caught in Love" | 4:15 | |||||||
11. | "Roy Walker" | 2:57 | |||||||
12. | "Stay Loose" | 6:41 | |||||||
48:17 |
Notas
editar- ↑ "FMQB: Radio Industry News, Music Industry Updates, Arbitron Ratings, Music News and more!". web.archive.org. 2013-03-22. Archived from the original on 22 de marzo de 2013. Consultado o 2019-12-19.
- ↑ Plagenhoef, Scott (2007). Belle & Sebastian's If You're Feeling Sinister. Bloomsbury. p. 40. ISBN 9781441194909