De Havilland Ghost

O de Havilland Ghost (orixinalmente Halford H-2) foi o segundo deseño dun motor turborreactor da de Havilland Engine Company en entrar en produción e o primeiro motor de turbina de gas do mundo en entrar en servizo cunha aeroliña (con BOAC). O Ghost impulsou aos de Havilland Venom, de Havilland Comet e SAAB 29 Tunnan. Foi un desenvolvemento ampliado do Goblin.[1]

de Havilland Ghost
Tipoturborreactor
Fabricantede Havilland Engine Company
Primeiro encendido2 de setembro de 1945
Principais aplicaciósde Havilland Comet
de Havilland Venom
de Havilland Sea Venom
Desenvolvido dode Havilland Goblin

O 23 de marzo de 1948 John Cunningham conseguiu un novo récord mundial de altitude de 18 119 m. Estaba pilotando un Vampire Mk I modificado ao substituírlle o motor Goblin por un Ghost, e coas puntas das ás alongadas.

Deseño e desenvolvemento

editar

O Ghost orixinouse cando de Havilland comezou a traballar no que finalmente se convertería no Comet en 1943. O primeiro deseño de Frank Halford, o H-1, estaba entrando en produción e podía cumprir cos requisitos do Comet escalando o H-1. O resultante H-2 usaba des cámaras de combustión máis grandes no lugar das 16 máis pequenas do H-1, utilizando "entradas divididas" bifurcadas alimentadas por cada conducto difusor para facer efectivamente vinte entradas. Cando o prototipo estaba sendo construído, de Havilland mercou a firma de Halford, pasando a chamarse de Havilland Engine Company, renameando o H-1 e o H-2 como Goblin e Ghost respectivamente.

O Ghost estaba funcionando en 1944 e voou por vez primeira en 1945. Isto foi moito antes de que o Comet ou o Venom estivesen listos para voar. Nese momento o Ghost foi escollido para o proxecto de caza sueco "JxR", que finalmente sería o Tunnan. Durante o deseño do Tunnan Suecia recibiu estudos alemáns sobre deseños con á en frechaa través de Suíza e redeseñou o avión para incorporar esta característica. O Tunnan voou por vez primeira con esta forma en 1948. Para as versións de produción do Tunnan, o Ghost fabricouse baixo licenza por Svenska Flygmotor (posteriormente Volvo Aero) como o RM2. O Ghost tamén foi construído baixo licenza en Italia por Fiat[2] e en Suíza por Sulzer Brothers.

O Ghost voaría novamente no primeiro voo do Comet I o 27 de xullo de 1949. O avión estaba equipado co Ghost 50 de 22 kN, que foi unha planta de potencia provisional pendente da dispoñibilidade do Rolls-Royce Avon que se usaría no Comet 2. Fabricáronse varias versións do Ghost 50, rematando co Ghost 50-Mk.4 instalado no Comet 1XB fabricado para probar novas técnicas de construción de fuselaxes eintroducido para abordar os problemas co Comet 1.

Durante o seu desenvolvemento, a Royal Air Force tamén solicitou unha versión mellorada do de Havilland Vampire con máis capacidade de carga e polo tanto un motor maior. O deseño resultante foi coñecido como o Venom, e compartía moitas características co anterior Vampire. O Ghost voou por primeira vez no Venom o 2 de setembro de 1949. Nese momento o motor levaba funcionando bastante tempo e xa ía polo modelo Mk.103 de 21,6 kN. O Venom usouse pprincipalmente como cazabombardeiro, aínda que algúns fabricáronse como cazas nocturnos. O Venom foi posteriormente seleccionado pola Fleet Air Arm para as súas necesidades de intercepción, e foi amplamente usado como o Sea Venom.

  1. Gunston, Bill (1989). World encyclopaedia of aero engines (Fully rev. 2nd ed ed.). Wellingborough: P. Stephens. ISBN 978-1-85260-163-8. OCLC 21117189. 
  2. Gunston, Bill (2006). World encyclopedia of aero engines : from the pioneers to the present day (5th ed ed.). Stroud: Sutton. ISBN 978-0-7509-4479-3. OCLC 71541765.