David Rodríguez Rivada

filólogo e músico galego

David Rodríguez Rivada nado en Ourense o 4 de marzo de 1981, é un filólogo e músico galego. Dende o ano 2005 dá clase no IES Xesús Taboada Chivite de Verín.

Infotaula de personaDavid Rodríguez Rivada
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , músico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3873970

Traxectoria editar

Comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo no ano 1991. No ano 2003 rematou a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, cursando o terceiro ciclo na UNED, e neste mesmo ano recibiu o Premio Extraordinario de Fin de carreira e tamén o Premio autonómico de Fin de carreira. O ano seguinte, no 2004, rematou o Grado profesional de violonchelo no Conservatorio profesional de música de Vigo e ingresou na función pública como profesor de Ensinanza Secundaria na materia de Música.

No seu instituto levou a cabo unha serie de traballos, como a elaboración dun material didáctico nun libro de texto dixital para o curso de 2º de Educación Secundaria na materia de Música coa editorial Netex, a creación de diversos musicais escolares (Os miserables no ano 2013, Moulin Rouge no ano 2014, Mamma Mia no 2015, Hoxe non me podo levantar no 2016, Grease no 2017 e A Bela e a Besta no 2018) e concertos didácticos para escolares. Os dous primeiros musicais foron compartidos nas VI xornadas de Lingua e Literatura e nas I xornadas de Pedagoxía Musical no ano 2014 mentres que Grease recibiu o Premio de Dinamización e Innovación Lingüística no 2018.[1] A EDUGA realizoulle unha entrevista sobre este musical premiado na cal se comenta o uso doutras formas de ensino non habituais e que xeran mellores relacións entre o profesorado e o alumnado coma neste caso.[2]

O 21 de xullo de 2017 defendeu a súa tese El mito de Don Juan en la ópera: Don Giovanni de Mozart, dirixida por María del Carmen Becerra Suárez, que deu pé ao libro O mito de Don Xoan na ópera Don Giovanni de Mozart (2017), no que pretende dar conta dos mecanismos musicais e literarios que se articulan para dar paso a este mito. Para iso, tras expor brevemente a evolución do mito e identificar as súas variantes e o contexto do século XVI, repasa as fontes desta obra cume e analiza a partitura e libreto antes de mencionar o que deixou tras de si. O crítico musical Roberto Relova relata que é unha extraordinaria achega ás investigacións musicolóxicas acerca do mito e a construción mozartiana e cunha extensa e rigorosa proposta dende a visión da literatura comparada.[3]

Estuda o terceiro curso de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela e mantén o blog académico davidov3.blogia.com.[4]

Obra editar

  • O mito de Don Xoan na ópera Don Giovanni de Mozart (2017)

Notas editar

  1. "Docencia fóra da cuadrícula". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-29. 
  2. "Facendo de Verín un novo Broadway | Eduga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-05-29. 
  3. Codalario. "Lo mejor de 2018 en libros, conciertos, espectáculos escénicos y grabaciones". www.codalario.com (en castelán). Consultado o 2019-05-29. 
  4. "En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado". davidov3.blogia.com. Consultado o 2019-05-29.