David M. Brown

Astronauta estadounidense

David McDowell Brown foi un astronauta estadounidense que participou na misión STS-107, na que faleceu ao desintegrarse o transbordador espacial Columbia durante a reentrada atmosférica. Pasou un total de 15,93 días no espazo.[1][2]

David M. Brown
David M. Brown, NASA photo portrait in orange suit.jpg
Datos persoais
Nacemento16 de abril de 1956
LugarCondado de Arlington
Falecemento1 de febreiro de 2003
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-107
Tempo no espazo15,93 días
PremiosMedalha de Honra Espacial do Congresso e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Brown naceu o 16 de abril de 1956 en Arlington, Virxinia. Estaba solteiro e era graduado en bioloxía pola Facultade de William e Mary en 1978 e en medicina pola Escola de Medicina de Virginia Este en 1982.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en abril de 1996 e tras dous anos de adestramento e avaliación pasou a ser especialista de misión. Faleceu xunto co resto da tripulación durante a súa primeira e única misión, a STS-107 do transbordador Columbia, cando o vehículo se destruíu durante a reentrada atmosférica, o 1 de febreiro de 2003.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "DAVID M. BROWN (CAPTAIN, USN) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Brown, David McDowell" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar