David Holmgren, nado en 1955, é un ecólogo, enxeñeiro de deseño ecolóxico e escritor australiano. É coñecido como un dos creadores do concepto de Permacultura, xunto con Bill Mollison.

Modelo:BiografíaDavid Holmgren
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Australia Occidental Editar o valor en Wikidata
EducaciónJohn Curtin College of the Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEngineer's degree (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónagrónomo, enxeñeiro, ecoloxista, deseñador, escritor, ecoloxista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4547731 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Holmgren naceu no estado de Australia occidental. Estudou na Universidade de educación avanzada de Hobart, en Tasmania, onde coñeceu a Bill Mollison en 1974, que era entón conferenciante na Universidade de Tasmania.[1] Os dous compartían un profundo interese polas relacións entre o ser humano e os sistemas naturais. As súas amplas conversacións e experiencias en xardinaría animaron a Holmgren a escribir o tratado que se publicaría en 1978 baixo en nome de Permaculture One.[2]

"Escribín o tratado, que se basea parcialmente nas nosas continuas conversacións e no noso traballo práctico conxunto no xardín e nas nosas visitas a outros sitios en Tasmania. Usei o tratado como referencia primaria para a miña tese, que presentei e defendín en 1976."[3]

O libro era unha mestura de introspeccións acerca da agricultura, a arquitectura da paisaxe e a ecoloxía. As relacións entre estas disciplinas sintetizáronse nun novo sistema de deseño chamado Permacultura. Aínda que este libro está relacionado co de Russell Smith "Tree crops: A permanent agriculture" publicado orixinalmente en 1929, a principal fonte de inspiración de Holmgren foron os traballos do ecoloxista estadounidense Howard T. Odum, sobre a dinámica enerxética (Environment, Power and Society, 1971).

A palabra permacultura foi creada por Bill Mollison e el mesmo a mediados dos 70, co fin de describir un "sistema integrado e evolutivo de especies animais e plantas perennes útiles para o ser humano". Unha definición máis actual da permacultura, que reflicte a extensión doutras esferas diferentes ás estritamente reflectidas no "Permaculture One", é a de "paisaxes creadas ex-profeso que imitan os modelos e relacións atopados na natureza e que proporcionan abundancia de alimento, fibras e enerxía necesarios para satisfacer as necesidades locais". A permacultura coloca no centro da súa visión ao ser humano, as súas construcións e os modos de organización que utiliza. Así, o concepto de permacultura evolucionou dunha agricultura permanente a unha cultura da sostibilidade.[4]

O éxito inesperado da publicación de "Permaculture One" está ligado ao feito de que confluíu coas necesidades dunha contracultura ecoloxista emerxente desexosa dun enfoque positivo e consistente sobre o que inspirarse. O libro publicouse en cinco idiomas aínda que actualmente está esgotado. O seu valor é principalmente histórico xa que foi refinado e mellorado en traballos posteriores.

Mentres que Bill Mollison estivo viaxando por todo o mundo para promover e ensinar a Permacultura, Holmgren dedicouse ao aspecto do potencial da Permacultura á hora de cumprir coas promesas que se fixeron sobre ela. Concentrou os seus esforzos en verificar e refinar a súa idea orixinal, primeiro sobre os terreos da súa nai en Nova Gales do Sur (Permaculture in the Bush, 1985; 1993) e posteriormente na súa mesma propiedade "Melliodora Permaculture Gardens" traballando xunto á súa parella Su Dennett.[5].[6]

En 2002, Holmgren publicou o libro "Permaculture: Principles & Pathways Beyond Sustainability", no que teoriza sobre un conxunto de 12 principios sobre os que apoiarse para construír unha sociedade sustentable. A súa visión da sostibilidade difire da versión clásica, na que o consumo de enerxía estabilízase aproximadamente na situación da sociedade actual. Holmgren baséase na previsión dun descenso enerxético seguindo o pico do petróleo, no cal a enerxía dispoñible decrecerá con cada xeración. Este libro inspirou a Rob Hopkins na súa iniciativa das comunidades de transición, que se centra en preparar ás comunidades para a dobre crise do pico do petróleo e o cambio climático.

Desde 1983 Holmgren actuou a través da súa empresa Holmgren Design Services como consultor para un gran número de proxectos. Exemplo deles podemos atopalos no informe Trees on Treeless Plains: Revegetation Manual for the Volcanic Landscapes of Central Vitoria (1994).

  1. Holmgren, David. "A chance meeting". holmgren.com.au. Consultado o 22 de xullo de 2018. 
  2. Holmgren, David (2011). "Chapter 2: The Long View". En Dawborn & Smith (ed.). Permaculture Pioneers, stories from the new frontier. Melliodora Publishing. pp. 18–29. ISBN 9780975078624.
  3. Mulligan, Martin; Hill, Stuart (2001). Ecological Pioneers: A social history of Australian ecological thought and action. Cambridge: Cambridge University Press. p. 203.
  4. Holmgren, 2002a: xix
  5. Melliodora, Hepburn Permaculture Gardens - Ten Years of Sustainable Living, 1996a; Payne, 2003.
  6. http://holmgren.com.au/melliodora/ Melliodora, Hepburn Permaculture Gardens, at Hepburn Springs, (http://www.holmgren.com.au)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar