David Fernández Dopico

militar e político galego

David Fernández Dopico, nado en Sillobre (Fene) o 7 de xuño de 1910 e finado no mesmo concello o 19 de outubro de 1989,[1] foi un militar e político galego.

Modelo:BiografíaDavid Fernández Dopico
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1910 Editar o valor en Wikidata
Sillobre, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1989 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Fene, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 20942

Traxectoria

editar

Oficial de mariña do exército republicano no destrutor Churruca. Afeccionado á fotografía, tomou imaxes do tripulación do buque en diferentes zonas e tarefas entre 1934 e 1935. Tamén realizou fotos da fuxida dos buques de Cartagena ante a ofensiva franquista o 5 de marzo de 1939 cunha frota de 15 buques, despois de sublevarse contra a oficialidade co almirante Miguel Buiza ao mando. Exiliouse en Tunisia e foi internado nun campo de concentración. Pasou despois ao campo de Kenchela (Alxeria) en 1941. Militante do Partido comunista. Retornou a Galicia en 1974.

Coas súas imaxes, o seu fillo montou a exposición fotográfica A Mariña Republicana.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-10-1989, p. 71.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar