David Fernàndez Ramos, nado en Barcelona o 24 de setembro de 1974,[1] é un xornalista e político catalán, de ideoloxía independentista, así como activista social.[2] O 25 de novembro de 2012 converteuse en deputado electo da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) grazas á obtención de 3 escanos para a súa formación nas eleccións ao Parlamento de Cataluña celebradas ese mesmo día.[3]

David Fernàndez i Ramos
David Fernàndez
David Fernàndez nun acto homenaxe a Guillem Agulló.


Actualmente no cargo
Dende o 17 de decembro de 2012

Datos persoais
Nacemento 24 de setembro de 1974 Barcelona, Cataluña
Partido CUP-Alternativa d'Esquerres
Profesión Periodista e político
Alma máter Universidade Autónoma de Barcelona

Na rede
blocs.mesvilaweb.cat/estirantdelfil
IMDB: nm5377361 Facebook: higiniaroig Twitter: HiginiaRoig Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido en 1974 en Barcelona, estudou ciencias políticas na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).[1] Foi membro fundador do Ateneu popular de Gràcia "La Torna". É membro do Grupo de Periodistas Ramon Barnils[4] e traballa como redactor e editor no semanario La Directa.[5] Tamén colaborou de periodista con Berria e Vilaweb.[6] En 2006 publicou, en catalán e en castelán, unha crítica das actuacións do Estado, Cròniques del 6, con prólogo de Arcadi Oliveres.[7] O 13 de novembro de 2012 publicou, canda Julià de Jòdar, un traballo divulgativo sobre as orixes e o proxecto da CUP, a súa formación política, a partir da recollida de opinións do contorno político da esquerda independentista catalá, titulado "Cop de CUP".[8]

A nivel político, non militou en ningún partido valéndose sempre da condición de independente. Concorrerá por primeira vez ás eleccións nas municipais de Barcelona de 2011 no posto 14 da lista da CUP - Alternativa per Barcelona (CUP-AB),[9][10] sen obter representación no consistorio.[11] O 13 de outubro de 2012 foi escollido como cabeza de lista da CUP-Alternativa d'Esquerres por Barcelona para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012.[12][13][14] Nestes comicios, a CUP obtén tres escanos, todos da circunscrición de Barcelona, converténdose así en deputado electo.[3]

Obras editar

Colaboracións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Parlament.cat (ed.). "Parlament de Catalunya - Fitxa del diputat David Fernàndez". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  2. Blog Estirant del fil (ed.). "Informació de l'usuari". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Parlament.cat, ed. (25 de novembro 2012). "Diputats electes a la X Legislatura del Parlament de Catalunya" (PDF). Consultado o 8 de maio de 2013. 
  4. Blog Estirantdelfil (ed.). "Estirant del fil - Biografia". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  5. Eldiario.es (ed.). "La CUP irá a las urnas para dar voz a los movimientos sociales". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  6. Gimeno, Josep (20 de novembro 2009). Cugat.cat, ed. "La jornada Ramon Barnils analitzarà el tractament mediàtic dels casos de corrupció". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  7. VirusEditorial.net (ed.). "Portada do "Cròniques del sis"". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  8. Llibertat.cat, ed. (17 de outubro 2012). "Apareix el bloc del llibre "Cop de CUP", de David Fernàndez i Julià de Jòdar". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  9. Butlletí Oficial de la Província de Barcelona, ed. (26 de abril 2011). "Candidatura d'Unitat Popular - Alternativa per Barcelona (CUP-AB)" (PDF). p. 86. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 06 de decembro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  10. CUP.cat (ed.). "La CUP presenta la llista per Barcelona amb Xavier Monge al capdavant". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  11. Elecciones.mir.es (ed.). "Elecciones locales 2011 - Barcelona". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  12. Gencat.cat, ed. (29 de outubro 2012). "Edicte de 29 d'octubre de 2012, pel qual es fan públiques les candidatures proclamades per la Junta Electoral Provincial de Barcelona per a les eleccions al Parlament de Catalunya". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  13. Cardús, Pere (14 de outubro 2012). VilaWeb, ed. "David Fernàndez: 'Som un projecte de ruptura democràtica per als Països Catalans'". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  14. 324.cat, ed. (15 de outubro 2012). "David Fernàndez, líder de la CUP: "Pensem que la unitat no es fa en cap despatx, la farem al carrer"". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  15. VirusEditorial.org (ed.). "Crónicas del 6". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  16. Vilaweb.cat, ed. (3 de novembro de 2009). "Benet Salellas i David Fernàndez presenten el llibre "Rastres de Dixan" a Vic". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  17. IcàriaEditorial.com (ed.). "Les veus de les places". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  18. Picazo, Sergi (20 de novembro de 2012). El Punt Avui, ed. "'Cop de CUP', l'striptease de l'esquerra independentista". Consultado o 8 de maio de 2013. 
  19. http://blocs.mesvilaweb.cat/bloc/view/id/7153/cat/5545
  20. Vilaweb.cat, ed. (6 de decembro de 2012). "David Fernàndez i Gil Matamala escriuen un conte sobre Felip Puig". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 8 de maio de 2013. 
  21. Vilaweb.cat, ed. (febreiro de 2013). "El malson d'Orwell". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2013. Consultado o 8 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar