David Durán Arufe

pianista galego

David Durán Arufe, nado en Santa Comba en 1978, é un pianista e escritor galego considerado pola crítica como un dos mellores pianistas de música actual en España.[1]

Modelo:BiografíaDavid Durán Arufe
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Santa Comba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor en Wikidata

Instagram: ddarufe LinkedIn: david-durán-arufe-a41687b2 BUSC: duran-arufe-david-1978 Dialnet: 4441671 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou os seus estudos da man de Martín Millán Torrado quen sempre dirixiu a súa educación pianística e musical. Tras concluír os estudos superiores de música en España, completou o Bachelor of Music (Bmus) e o Master of Music (Mmus) no Conservatorium Van Amsterdam co pianista Matthijs Verschoor. Foi bolseiro da fundación Jacques Vonk Fonds para continuar os seus estudos en Hungría, na Liszt Academy de Budapest co pianista Jenö Jandó, e tivo ocasión de traballar tamén con Ramón Coll, Balázs Szokolay, Claude Helffer e Philippe Entremont, entre outros.

En 2015, levou a cabo unha estadía de investigación na Universidade Nacional das Belas Artes e Música de Tokio, e no 2017 doutorouse en Historia da Arte e da Música na Universidade de Santiago cunha tese sobre o compositor xaponés Toshio Hosokawa.[2]

David Durán incorporouse ao corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas en 2006 como profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, e dende o 2008 ata o 2011 asumiu a dirección deste centro.

Vertixe Sonora

editar

David Durán é pianista e membro fundador de Vertixe Sonora, ensemble de solistas convertido nun referente insubstituíble para a última xeración de compositores. Coa permanente estrea de novas obras, está a facer que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. Con Vertixe Sonora, David Durán participa habitualmente nos máis importantes festivais tanto en España como no estranxeiro, e os seus rexistros discográficos publícanse en prestixiosos selos como Wergo e Neos.

Proxectos literarios

editar

David Durán publicou no ano 2008 o seu primeiro poemario-DVD «Palabras Xordas para Oídos Necios» na editorial tresCtres. Cinco estudos para dous recitadores nos que trata sobre o ser e a comunicación, "mesmo unha exploración da linguaxe a través da súa deconstrución, da repetición contínua dos contrarios que representan o caos que somos e que queremos ser".[3]

En 2010 saen publicados poemas soltos na revista Madrygal. Revista de estudios gallegos. Dende 2010 foi colaborador habitual do xornal La Voz de Galicia como crítico musical; dende 2013 correspondente da revista musical Scherzo; e mantivo unha sección propia na revista online Sulponticello.

Gravacións

editar
  • 2003 - From Russia with Love. Música rusa para 2 pianos con Matthijs Verschoor. Quality Classics
  • 2016 - XXVII Premio Jóvenes Compositores. Fundación SGAE-CNDM. Con Vertixe Sonora & Pedro Amaral, director
  • 2020 - Víctor Ibarra: The Dimension of the Fragile - Works for Ensemble. Con Vertixe Sonora & Nacho de Paz, director. NEOS
  • 2023 - Camilo Méndez: Peripheral Spaces. Con Vertixe Sonora. NEOS

Publicacións

editar

Poesía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar