David Astals
David Astals Barrera, nado en Bienvenida o 13 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Sabadell, da Primeira División RFEF.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 2001 (23 anos) Bienvenida, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNacido na localidade estremeña de Bienvenida, aos dous meses trasladouse coa súa familia ao barrio de Poblenou, en Sabadell.[1] Membro dunha familia vencellada ao ciclismo, decantouse polo fútbol, ao que comezou a xogar no Polinyà, antes de ingresar na canteira do Sabadell.[2] Na tempada 2019/20 debutou co Sabadell B na Segunda Catalá, e menos dun ano despois fixo a súa estrea co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo ao galego Héber Pena nos minutos finais dun partido ante o Rayo Vallecano.[3] Converteuse deste xeito no primeiro futbolista nacido no século XXI en vestir a camiseta do Sabadell.[4]
Notas
editar- ↑ Figueras, Pere (22 de setembro de 2020). "La història de David Astals: a punt de marxar per “baixet” i ara renova per dos anys" (en catalán). Consultado o 20 de marzo de 2024.
- ↑ "David Astals, un futbolista sorgit en el si d'una família de ciclistes" (en catalán). 11 de febreiro de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2024.
- ↑ Martín, Maite (19 de setembro de 2020). "Catena culmina la remontada de un Rayo que promete y duerme líder". As (en castelán). Consultado o 20 de marzo de 2024.
- ↑ "El Sabadell renueva al ‘chino’ Astals por dos temporadas". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de setembro de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2024.