Daughters é unha banda estadounidense de noise rock formada en 2002 en Providence, Rhode Island tras a disolución de As the Sun Sets. No presente o grupo está composto polo vocalista Alexis Marshall, o guitarrista Nicholas Andrew Sadler, o batería Jon Syverson, e o baixista Samuel Moorehouse Walker.

Daughters
OrixeProvidence, Rhode Island,
Período2002 - 2009
2013 - presente
Xénero(s)noise rock, rock industrial, no wave, mathcore, grindcore
Selo(s) discográfico(s)City of Hell, Robotic Empire, Hydra Head, Ipecac
MembrosAlexis Marshall
Nicholas Sadler
Jon Syverson
Samuel Walker
Antigos membrosJeremy Wabiszczewicz
Pat Masterson
Perri Peete
Brent Frattini
Artistas relacionadosAs the Sun Sets
Na rede
daughtersofficial.com
Facebook: daughtersmusic Twitter: daughters_band Instagram: daughters.official MySpace: daughters1 Bandcamp: daughters Musicbrainz: c9368a03-bf26-40b6-bdfa-9af8d10b568b Songkick: 386957 Discogs: 514141 Editar o valor em Wikidata

A banda comezou tocando grindcore e o seu son foi evolucionando tras cada álbum, sendo descritos os seus últimos traballos como noise rock. En 2018 o grupo fichou por Ipecac Recordings e publicou o disco You Won't Get What You Want, que recibiu moi boas críticas.[1] Este álbum marcou un significativo afastamento ao estilo anterior da banda.

Historia editar

Formación e Canada Songs editar

Antes de formar Daughters, o vocalista Alexis S.F. Marshall, o guitarrista Jeremy Wabiszczewicz e o batería Jon Syverson tocaban na banda de grindcore As the Sun Sets.[2][3][4] Tras a súa disolución, Marshall, Wabiszczewicz e Syverson formarían Daughters xunto co guitarrista Nicholas Andrew Sadler e o baixista Pat Masterson.[5] O deradeiro lanzamento de As the Sun Sets, 8949, contiña un inserto que tiña unha mensaxe da banda. A mensaxe dicía "...Esta é a última gravación de As the Sun Sets. 21 de marzo de 2002, o sol púxose por última vez. 22 de marzo de 2002, comezamos de novo como Daughters".[6] Marshall posteriormente revelou que o anuncio en 8949 fora un erro e que non debería ir no libreto da EP, xa que vía a Daughters como unha nova banda e non quería que a xente a vise como unha continuación de As the Sun Sets.[7]

O 25 de marzo de 2002 (só tres días despois de que a banda se formase oficialmente) Daughters publicou o seu EP de estrea, Daughters, a través do selo City of Hell Records.[8] Daughters realizou o seu primeiro concerto a finais de maio no Munch House en Providence, xunto con Backstabbers Inc. e Dead and Gone.[9] No mes de outubro Daughters centrouse en compoñer material novo para o seu primeiro álbum.[10] O 12 de agosto de 2003 Daughters publicou o seu álbum de estrea, Canada Songs, a través de Robotic Empire.

Hell Songs editar

En xuño de 2004 Daughters publicou o seu primeiro álbum ao vivo, Live at CBGB, co selo City of Hell. O álbum contiña unha canción nova, "Boner X-Ray". En xullo de 2004 "Boner X-Ray" foi editada gratuitamente como descarga a través da páxina de Daughters;[11] unha versión de estudio aparecería no seguinte álbum da banda, Hell Songs, co título de "X-Ray". A mediados de 2005 Daughters fichou por Hydra Head Records.[12] Nos seus concertos de 2004 e 2005 Daughters tocou moitas primeiras versións de cancións que posteriormente aparecerían en Hell Songs, como "Fiesty Snakewomen", "Boner X-Ray", "Fiery Wolves", "Crotch Buffetttt" e "Fuck Whisperer".[13] Daughters entrou no estudio en marzo de 2006 para comezar a gravar o seu seguinte álbum nos Mad Oak Recording Studios.[14] En maio de 2006 a banda publicou detalles dodisco como o seu título, produtor, estudio de gravacaión e a listaxe de cancións. O 8 de agosto de 2006 Daughters lanzou o seu segundo álbum, Hell Songs, a través de Hydra Head.[15]

Daughters e disolución editar

O proceso de composición do terceiro disco do grupo comezou tres anos antes do seu lanzamento. Sadler dixera que lle daría ideas de cancións e riffs a Syverson "para discutilas".[5] As gravacións do álbum comezaron a finais de abril de 2009[16] e remataron en xuño.[17] No mes de agosto Daughters disolveuse de forma abrupta.[17] Despois de acabar a gravación do álbum Marshall e Sadler tiveron unha discusión que rematou co primeiro abandonando a banda.[5][17][18] O resto dos membros decidiron facer unha pausa agardando que Marshall regresase ao grupo nalgún momento.[5][18] Sadler continuou coa masterización do disco e coa preparación do libreto e incluso traballou co artista Dave Fisher nun vídeo de avance. Afirmando que "esencialmente estaba intentando manter a banda viva para quen sabe que" e "agardando que [Marshall] regresase ou quizais nuns anos poderíamos comezar a tocar outra vez". Marshall decidiu que quería regresar á banda, pero que Sadler debería ser expulsado.[5][18] Isto causou que o baixista Samuel M. Walker deixase o grupo. A banda finalmente disolveuse.[5][17]

A separación nunca se anunciou oficialmente e ninguén de fóra da banda soubo dela ante do final de 2009.[17] Algúns meses despois da disolución Marshall e Syverson reconectaron e decidiron continuar coa banda.[17][19] Afirmou: "Creamos esta banda e somos as únicas dúas persoas que estivemos nela constantemente, así que non había razón para deterse por completo e tirar todo pola borda".[17] Marshall continuou dicindo que a parella "non ten plans de substituír a ninguén, pero no descartamos a idea de que axgente poida vir e se funciona, quedarán".[17] Sadler dixo: "Dende a miña perspectiva, non creo que volva a tocar con Daughters outra vez. Pasei por demasiado estrés e estou nunha situación mellor escribindo e estando nunha banda con Fang Island. Co novo álbum, creo que rematamos cunha boa nota con Daughters e se [Marshall] a leva máis aló entón estou feliz por el e iso é xenial. Así que realmente eu non marchei, a banda sinxelamente víuse abaixo. Dalgún xeito supoño que o tipo que renunciou botoume. (risas)Non sei onde me deixa iso a min ou á banda, pero estou usándoo como unha excusa para saír oficialmente".[5]

A banda realizou un único concerto segredo no Rhode Island School of Design en Providence, onde tocou a meirande parte das cancións do seu seguinte álbum.[18] Foi a primeira e única vez na que a banda tocou temas ao vivo de Daughters antes da súa reunión en 2013.[18] A pesar da "disolución", Daughters editou Daughters o 9 de marzo de 2010 a través do selo Hydra Head.[20][21] Os representantes da banda anunciaron que non habería xira de promoción do álbum.[17] Posteriormente Sadler dixo: "Este álbum atraounos realmente. A xente estaba facéndose un pouco maior, toda a banda era extremadamente pobre de xirar ao longo dos anos, polo que a vida fóra do grupo atrapounos realmente e fíxose difícil facer algo. Estou moi orgulloso deste disco sinxelamente porque puidemos facelo, sabes? Foi unha loita real".[5]

Reunión e sesións de gravación editar

Marshall acreditou a Andy Low de Robotic Empire como a persoa que reuniu a Daughters. Aínda que Marshall e Sadler non se falaban, Low díxolles a ámbolos dous que o outro quería velo. Porén, ningún membro lle expresara a Low ningún desexo de ver ao outro. Sen saber isto, os dous aceptaron con receo cear xuntos. Durante a cea descubriron que Low enganáraospara que volvesen falar.[7] A situación foi descrita por Marshall: “Sentamos e ceamos e aos 15 minutos comezamos a falar sobre plans. Supoño que sinxelamente precisabamos estar na mesma habitación”. Despois continuou dicindo, “Sentín que non pasara suficientemente tempo como para que calquera problema que Nick e máis eu tiñabamos non se esquecera necesariamente, pero xa non parecía tan importante”.

Falando sobre a reunión de Daughters, Marshall afirmou que a banda falara diso durante un tempo. Tamén mencionou como os fans lle preguntaban regularmente "que estaba pasando con Daughters" mentres esl estaba de xira coa súa outra banda, Fucking Invincible. Dixo: "É unha tolemia. A xente aínda está interesada", referíndose a Daughters.[22] Cando Marshall chegou a casa tras xirar con Fucking Invincible envoiu un texto aos outros membro de Daughters dicindo, "A xente está interesada en que fagamos algo. Non deberíamos fodelos. Deberíamos saír a facer algúns concertos, porque esta cousa de compoñer está tardando máis tempo do que debería. Non nos preocupemos por iso; toquemos sinxelamente algúns concertos e as cousas sucederán despois. Todo sucederá por si só unha vez que teñamos a mentalidade de estar en Daughters e estar xuntos".[22]

O 13 de setembro de 2013 Daughters reformouse para un único concerto en Rhode Island.[23][24] Debido á enorme demanda engadíuse un segundo concerto o 15 de setembro.[25] Aínda que non se fixeron máis anuncios oficiais, dende o momento da reunión a banda tivo unha intensa actividade nas redes sociais e gravou "fragmentos e pezas" e algunhas demos.[22] No verán de 2014 a banda comezou a gravar no estudio de Providence Machines With Magnets. En xullo dese ano, durante esas sesións de gravación, a banda seguiu insinuando que estaba traballando en material novo a través da súa conta de Facebook.[26] Porén, todas as gravacións desas sesións arquiváronse porque a banda non estaba satisfeita co resultado, afirmando Marshall que eles "forzárono" e que as gravacións acabaron soando "inacabadas".[22] Sadler dixo que as gravacións arquiváronse para que a banda poidese "experimentar con novas ideas".[27]

You Won't Get What You Want editar

En 2015 Daughters publicou unha fotografía en Facebook dos seus membros no estudio de gravación Machines With Magnets.[28] En setembro de 2016 a banda anunciou a través de Instagram que gravarían durante a súa seguinte xira sen unha axenda real nin unha liña de tempo para o seu lanzamento.[29] Nesa xira Daughters tocou unha nova canción, "Long Road, No Turns". Nunha entrevista en xuño de 2017 Marshall dixo que agardaba que Daughters lanzase o seu cuarto álbum cara finais dese ano.[30]

Os días 28 e 29 de decembro de 2017 Daughters e Code Orange foron abreconcertos de The Dillinger Escape Plan nos seus dous derradeiros concertos.[31] En abril de 2018, Daughters informou que remataran de gravar as guitarras para o seu seguinte álbum.[32] O 13 de xullo de 2018 Daughters publicou o sinxelo “Satan in the Wait" do seu seguinte álbum, que sería lanzado polo selo Ipecac Recordings, ao igual que o sinxelo.[33] O 17 de agosto Daughters anunciou o título do disco, You Won't Get What You Want, e lanzou o segundo sinxelo do mesmo, titulado "The Reason They Hate Me", que foi descrito como "máis ruidoso e abrasivo" que o anterior.[34] Co anuncio o grupo tamén informou de máis datas de xira.[34] O 2 de outubro de Daughters publicou o terceiro sinxelo do álbum, "Long Road, No Turns", unha canción descrita pola Rolling Stone como "outra besta única: ritmos fóra de orde atravesan un verniz fervente de distorsión e Marshall, coa súa voz soando cristalina, canta sobre cometer e desfacer erros".[35] O 14 de xaneiro de 2019 a banda estreou o primeiro vídeo musical da súa carreira, para a canción "Less Sex." O vídeo foi dirixido polo antigo guitarrista da banda Jeremy Wabiszczewicz.[36]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Canada Songs 2003 Robotic Empire
Hell Songs 2006 Hydra Head Records
Daughters 2010 Hydra Head Records
You Won't Get What You Want 2018 Ipecac Recordings

Notas editar

  1. "You Won't Get What You Want by Daughters" (en inglés). Consultado o 2021-04-26. 
  2. Punknews.org. "As The Sun Sets - 7744". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2021-04-27. 
  3. "Daughters: Hell Songs". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-04-27. 
  4. "Update on last As The Sun Sets album". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-27. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Punknews.org. "Interviews: Nicholas Andrew Sadler (Daughters/Fang Island)". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2021-04-27. 
  6. "As The Sun Sets – 8949 (2002, CD)" (en inglés). Consultado o 2021-04-28. 
  7. 7,0 7,1 "As The Story Grows". www.asthestorygrows.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-28. 
  8. "Daughters 2002 EP, by Daughters". Daughters. Consultado o 2021-04-28. 
  9. "Daughters (ex-As The Sun Sets) first show". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-28. 
  10. "Daughters sets plans for debut full-length". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-28. 
  11. "archived news tidbit". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-28. 
  12. "Daughters sign w/ Hydra Head Records". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-28. 
  13. Punknews.org. "Daughters / Doomriders / Microwaves - live in Pittsburgh". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2021-04-28. 
  14. "Daughters enter studio". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-28. 
  15. "Hell Songs, by Daughters". Daughters. Consultado o 2021-04-28. 
  16. "Daughters set to record new album". lambgoat.com. Consultado o 2021-04-28. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 17,7 17,8 January 25, Chris HarrisPublished:; 2010. "Daughters Down Two Members After 'Big Falling Out'". Noisecreep (en inglés). Consultado o 2021-04-28. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 "Buddyhead VS Daughters | BUDDYHEAD". web.archive.org. 2010-06-27. Archived from the original on 27 de xuño de 2010. Consultado o 2021-04-29. 
  19. "Decibel Magazine: Daughters". web.archive.org. 2010-03-25. Archived from the original on 25 de marzo de 2010. Consultado o 2021-05-01. 
  20. "Daughters, by Daughters". Daughters. Consultado o 2021-05-01. 
  21. "Daughters: Daughters". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-05-01. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 September 20, Brian CookPublished:; 2016. "It's Not Your Call if Reunited Daughters Whip It Out Onstage". CLRVYNT (en inglés). Consultado o 2021-05-03. 
  23. Kraus, Brian (2013-06-11). "Daughters to play first show in four years". Alternative Press (en inglés). Consultado o 2021-05-03. 
  24. "Daughters to reunite for September show". lambgoat.com. Consultado o 2021-05-03. 
  25. Kraus, Brian (2013-06-24). "Daughters reunion show sells out, second date added". Alternative Press (en inglés). Consultado o 2021-05-03. 
  26. "Daughters working on new music?". lambgoat.com. Consultado o 2021-05-03. 
  27. Morales, Matthew (2016-11-02). "HxC: NoiseNoiseNoise - An Interview with Nick Sadler of Daughters". Motif (en inglés). Consultado o 2021-05-03. 
  28. "Daughters in the studio". lambgoat.com. Consultado o 2021-05-03. 
  29. "Instagram photo by Daughters • Sep 20, 2016 at 2:47am UTC". www.instagram.com. Consultado o 2021-05-04. 
  30. "Daughters: Grind, Noise, Art-Rock–But Always a Car Crash | BeatRoute Magazine". web.archive.org. 2018-07-13. Archived from the original on 13 de xullo de 2018. Consultado o 2021-05-05. 
  31. "Dillinger Escape Plan Enlist Mike Patton for First of Three Farewell Shows". Revolver (en inglés). 2017-11-10. Consultado o 2021-05-05. 
  32. "Daughters finishing up new record | Comments | Lambgoat". lambgoat.com. Consultado o 2021-05-05. 
  33. "Daughters sign to Ipecac, share first song in 8 years, announce shows". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2021-05-07. 
  34. 34,0 34,1 "Daughters announce new album, share "The Reason They Hate Me"". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2021-05-07. 
  35. Grow, Kory (2018-10-02). "Song You Need to Know: Daughters, 'Long Road, No Turns'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-05-07. 
  36. Grow, Kory (2019-01-14). "See Daughters' Surrealistic, NSFW 'Less Sex' Video". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-05-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar