Danube Planum é unha planicie con rifts na superficie de Ío, a lúa de Xúpiter[3]. Está situado no hemisferio de vangarda de Ío, nas coordenadas 22,73° S 257,44° O. A planicie ten uns 244 km de diámetro medio[1] e 5,5 km de altitude.[2] A planicie está seccionada polo medio por un canón de ten unha anchura de entre 15 a 25 km, divide así a planicie montañosa en dúas metades, a este e a oeste con varios bloques adicionais cara ao sur do canón.[2] A marxe exterior da planicie está remarcada por escarpas de altitudes que varían entre os 2,6 ós 3,4 km de altitude. Son visibles grandes masas de material depositadas ó longo da marxe occidental da planicie.[2] Son visibles tamén dous paterae, un ó sur e outro no norte da planicie. O volcán que está no extremo norte, Pele, é un dos máis activos de Ío. Unha das fallas que forman Danubio Planum podería funcionar coma un canal de escoamento para o magma que sae do volcán Pele.[4]

Danubio
A Danubio Planum vista pola Vogayer 1 en marzo de 1979.
Tipo de accidente xeolóxico Planum
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 244,22 km[1]
Altitude 5,5 km[2]
Coordenadas 22,73° S 257,44° O[1]
Procedencia do nome Un dos lugares polos que vagou Ío.[1]

En 1985, a Unión Astronómica Internacional asignoulle o nome do río Danubio, un dos numerosos lugares por onde a mitolóxica Ío tivo que vagar.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Planum, plana: Danube Planum on Io". Consultado o 18-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Schenk, P.; e o seu equipo. (2001). "The Mountains of Io: Global and Geological Perspectives from Voyager and Galileo". Journal of Geophysical Research 106 (E12): 33201–33222. doi:10.1029/2000JE001408. 
  3. Henrik, Hargitai. "Io Mountain Database -- Mountain at: 258s22". Io Mountain Database. Consultado o 14-02-2010. 
  4. Radebaugh, J.; e o seu equipo. (2004). "Observations and temperatures of Io's Pele Patera from Cassini and Galileo spacecraft images". Icarus 169: 65–79. doi:10.1016/j.icarus.2003.10.019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar