Daniel Rodríguez Vázquez

futbolista español

Daniel José Rodríguez Vázquez, coñecido como Dani Rodríguez, nado en Betanzos o 6 de xuño de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o RCD Mallorca, da Primeira División.

Dani Rodríguez
Información persoal
Nome Daniel Rodríguez Vázquez
Nacemento 6 de xuño de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Betanzos
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Mallorca
Carreira xuvenil
Betanzos
2001–2011 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2011 Fabril 101 (11)
2007–2008Betanzos (cedido) 38 (8)
2011–2012 Conquense 34 (2)
2012–2015 Racing de Ferrol 112 (14)
2015–2016 Racing de Santander 40 (5)
2016–2018 Albacete 77 (12)
2018– Mallorca 158 (23)
Na rede
Instagram: danirodriguez88 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de xuño de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Betanzos e aos 12 anos recibiu unha chamada do Deportivo da Coruña, que estaba formando un equipo alevín para participar en varios torneos. Así, disputou con outros rapaces da provincia como Pedro Mosquera un torneo internacional celebrado no estadio Heliodoro Rodríguez López de Santa Cruz de Tenerife.[1] A continuación regresou ao Betanzos, onde tivo como adestrador a Óscar Gilsanz.[2]

En 2001 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña, na que xogou durante os seguintes anos, excepto unha tempada que estivo cedido no Betanzos.[3][4] Volveu en 2008 á Coruña, pasando a xogar no Fabril durante as seguintes tempadas e converténdose en capitán. En 2010 debutou co primeiro equipo do Deportivo na volta de cuartos de final da Copa do Rei no Ramón Sánchez Pizjuán fronte ao Sevilla, substituíndo a Bodipo no minuto 65. Ao remate da tempada 2010–11 anunciouse que non continuaría no Fabril.[5]

Así, despois de 11 anos nas filas branquiazuis buscou novo destino e recalou no Conquense, tamén de Segunda B. Tras o descenso do equipo ao final da tempada, fichou polo Racing de Ferrol, da mesma categoría. Xogou dúas tempadas no club ferrolán, disputando 75 partidos e dúas fases de ascenso a Segunda División. Na tempada 2015/16 xogou no Racing de Santander, co que acabou campión do Grupo 1 de 2ª B, pero sen acadar o ascenso, e na 2016/17 militou no Albacete, co que xogou unha nova promoción, a súa cuarta consecutiva, conseguindo esta vez ascender.[3]

Continuou un ano máis no Albacete, conseguindo a permanencia, e no verán de 2018, despois de 81 partidos e 12 goles co club manchego, fichou polo RCD Mallorca, tamén de Segunda.[6] Na súa primeira tempada co club balear logrou o ascenso a Primeira División, despois de acabar quinto e eliminar na fase de promoción aos seus ex equipos Albacete e Deportivo.[3]

Debutou en Primeira contra o Eibar na primeira xornada da tempada 2019/20, marcando un gol aos 4 minutos de xogo.[7] Xogou todos os partidos de liga do seu equipo excepto un (por acumulación de cartóns amarelos),[8] nun ano no que o Mallorca acabou descendendo de novo a Segunda. Con todo, o equipo balear volveu lograr ascender na seguinte tempada (2020/21), contribuíndo Dani Rodríguez con 8 goles, a maior cifra anotadora da súa carreira.

Notas editar

  1. "Mosquera, del Heliodoro a Riazor en 15 años". La Opinión A Coruña (en castelán). 28 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  2. "Los infantiles del Betanzos avanzan directos al ascenso a la Liga Gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2001. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Carballo, Pablo (18 de xuño de 2019). "«Ay, Dani, que nos va a dar algo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  4. Alonso Lois, Paulo (23 de marzo de 2013). "Dani, el «todocampista»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  5. ""Añón, Dani, Diego Rivas, Dinis y Büchel no siguen"". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  6. García, Elena (13 de xuño de 2018). "Dani Rodríguez ficha por el Mallorca" (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  7. "El Mallorca vuelve a Primera con victoria ante el Eibar". RTVE (en castelán). 17 de agosto de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  8. Miserachs, Jaume (14 de xuño de 2020). "Dani Rodríguez se pierde por sanción el partido ante el Villarreal". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar