Daniel Lago Barreiro
Daniel Lago Barreiro, nado en Rábade en 1990, é un actor galego.
Daniel Lago Barreiro | |
---|---|
Nacemento | 1990 |
Lugar | Rábade |
Nacionalidade | España |
Pai | Luis Ángel Lago Lage |
Profesión | actor |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo do político socialista Luis Ángel Lago Lage[1], Daniel Lago comezou a súa andaina como actor, sendo cativo, cando no 2001 foi escollido para o papel de Brais na serie de televisión Terra de Miranda da TVG[2]. Ten aparecido en varias series feitas en Galiza en episodios esporádicos incluíndo a exitosa serie galega Pratos combinados.
Na serie Matalobos interpreta a Iván Matalobos, o fillo do protagonista, se ben o seu personaxe falece no capítulo 28, a mediados da segunta tempada.
Compaxina a súa carreira na interpretación coa profesión de veterinario, carreira que estudou en Lugo[3]. Asemade tamén práctica o deporte do rugby, pertencendo ao primeiro equipo do Muralla R.C. da cidade de Lugo, desenvolvéndose nos postos de á, centro e zagueiro.
Notas editar
- ↑ "Teatro a baixas temperaturas", publicación de Beni Mántaras no blog Dende o norte, 3 de novembro de 2008 (consultado o 13 de marzo de 2010)
- ↑ "El Brais de Terras de Miranda", artigo de María Caravel en La Voz de Galicia, 25 de novembro de 2002 (consultado o 13 de marzo de 2010)
- ↑ "Para viajar: hilo, chicles y el bote de las lentillas", entrevista de Alba Villar en El Progreso, 6 de agosto de 2009 (consultado o 13 de marzo de 2010)