Daniel Álvarez Carnero

político galego

Daniel Álvarez Carnero, coñecido como Pepe de Villastrille, nado en Lugo en 1903 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaDaniel Álvarez Carnero
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Sober
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Veciño de Proendos e militante do PSOE. Foi concelleiro e tenente de alcalde na corporación municipal de 1936. En xullo foi elixido alcalde gubernativamente. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 4 de agosto, pasou polas prisións de Monforte de Lemos e Lugo. Foi xulgado por rebelión militar, por organizar partidas armadas, e condenado a pena de morte e indemnización con todos os bens. Foi executado en Lugo o 29 de decembro. Enterrado nun nicho en Lugo grazas á amizade dun militar, o seu corpo foi perdido cando o cemiterio desapareceu, no lugar que hoxe ocupa o Gran Hotel de Lugo.


Predecesor:
Antonio Pérez García
  
Alcalde de Sober
 
1936
Sucesor:
?

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar