Damián Villalaín
escritor galego
Damián Álvarez Villalaín, nado en Vigo o 18 de abril de 1958, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1958 (66 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor-xefe da revista Tintimán, redactor de La Voz de Galicia (1985-1986), xefe de Cultura de Atlántico Diario e xefe de prensa do concello de Santiago de Compostela (1988). Foi director do Centro Dramático Galego (1989-1991), subdirector de Editorial Galaxia (1991-2002), co-director da Biblioteca Básica de Teatro, director da Fundación Carlos Casares (2003-). Foi asesor de Emilio Pérez Touriño para asuntos culturais (2005-2009). É profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Curriculum na web da Asociación de Directores de Escena de España Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine.