Abrir o menú principal

Dagoberto Miguel Peña Rincón, nado o 14 de xuño de 1988 en Santo Domingo, é un xogador profesional de baloncesto dominicano que xoga para o Leite Río Breogán da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de ala.

Dagoberto Peña
Leite Río Breogán  – No. 10
Ala
Información persoal
Nacemento 14 de xuño de 1988 (31 anos)
Flag of the Dominican Republic.svg Santo Domingo
Nacionalidade Flag of the Dominican Republic.svg República Dominicana
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Maldonado (2013) LUB
Leones de Santo Domingo (2013) LNB (RD)
Academia de la Montaña (2013–2014) LPBC
Cafeteros de Armenia (2014) LPBC
Centro Juventud Sionista (2014–2015) LNB (Arx.)
Guaiqueríes de Margarita (2015) LPB (Ven.)
Soles de Santo Domingo Este (2015) LNB (RD)
Metros de Santiago (2016) LNB (RD)
Básquet Coruña (2016–2017) LEB
Barcelona B (2017) LEB
Estudiantes (2017–2018) ACB
Pieno žvaigždės (2018–2019) LKL
Breogán (2019–presente) LEB

TraxectoriaEditar

O 16 de febreiro de 2016, Peña fichou polo Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[1] O 6 de xullo de 2016, Peña e o equipo coruñés chegaron a un acordo para renovar o seu contrato unha tempada máis.[2] O 31 de xaneiro de 2017, Peña desvinculouse do Básquet Coruña para xogar no filial do FC Barcelona, equipo pertencente tamén á LEB Ouro.[3]

Tras ser elixido no mellor quinteto da LEB Ouro na tempada 2016-17, Peña asinou un contrato por dúas tempadas co CB Estudiantes da Liga ACB.[4] O 20 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo CB Breogán da Liga LEB Ouro.[5]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar