Contido de descarga

contido adicional creado para un videoxogo e distribuído a través de Internet
(Redirección desde «DLC»)

Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.

Entre que tipo de información o contido se inclúe, hai variacións entre personaxes, mapas, puzzles, niveis, escenarios, e traxes novos; ata cambio de contorno, códigos de liberación de contido xa existente, obxectos, etc.

Historia editar

Os precursores do DLC editar

A primeira forma de distribución dixital nos videoxogos foi o servizo 2600 de Atari chamado GameLine, o que permitía aos usuarios descargar xogos utilizando unha liña telefónica. Un servizo similar, Sega Channel, dispoñible no ano 1994, permitía a descarga de xogos para a Sega Genesis nunha líña de cable igualmente. Mentres que o GameLine e Sega Channel permitían a distribución de todos os seus títulos, non ofrecían contido de descarga para os títulos existentes. Talvez, o máis próximo dos servizos que chego a ofrecer DLC foi a edición especial de Shiny Entertainment Earthworm Jim, que se ofrece a través do Sega Channel, aínda que tamén era unha descarga independente.

Un ano despois en 1995, a competencia directa de Sega, Nintendo ofreció un servizo con características similares de maneira exclusiva no Xapón, o Satellaview[1] coñecido popularmente como BS-X ofrecía a descarga vía satélite de videoxogos exclusivos a través dun módem, sendo títulos orixinais o remakes de anteriores, a día de hoxe se manteñen exclusivos desta plataforma.

En ordenadores editar

A medida que a popularidade e a velocidade das conexións a Internet aumentaron, ao igual que a fama de ocupar Internet para a distribución dixital polos medios de comunicación, os usuarios empezaron a crear mods de videoxogos e mapas que se distribuíren exclusivamente en liña, xa que foron creados principalmente polas persoas que non teñen a infraestrutura capaz de distribuír o contido a través de medios físicos.

Os mods son "modificacións" feitas aos videoxogos de calquera tipo. A maioría destes contidos está dispoñible de forma gratuíta, e a frase "contido de descarga" rara vez utilizase para referirse a dicho contido, en lugar diso son chamados "user-created content" ("contido creado polo usuario") o mods.

En videoconsolas editar

A Dreamcast foi a primeira videoconsola en ofrecer soporte en liña como unha norma; o DLC estaba dispoñible, aínda que limitado en tamaño debido á conexión de banda estreita e as limitacións de tamaño dunha tarxeta de memoria. Estas características en liña se consideraban un gran avance nos videoxogos, pero de inmediato a competencia da Dreamcast, a PlayStation 2 de Sony e a GameCube de Nintendo, non quedaron atrás cos adaptadores de red.

Coa chegada da Xbox, Microsoft foi a segunda empresa en implementar o contido de descarga. Moitos títulos orixinais de Xbox Live, incluíndo Splinter Cell, Halo 2 e Ninja Gaiden, ofreceron diversas cantidades de contido extra dispoñible para descarga a través do servizo Live de Xbox. A maioría destes contidos, coa notable excepción dos contidos dos títulos publicados de Microsoft, se dispoñía de forma gratuíta.[2]Ademais, Microsoft foi a primeira empresa en cobrar por contido de descarga, co videoxogo de 2002 MechAssault.[3]Coa Xbox 360, Microsoft integro máis contidos de descargas na súa consola, incluso dedico unha sección completa na interface de usuario en Xbox Live Marketplace. Tamén, elimino a necesidade de tarxetas de crédito mediante a aplicación dos seus propios puntos de divisas, unha estratexia que aprobo Nintendo cos Wii Points e Sony coa PlayStation Network Card.

Sony adopto gran parte das características de Xbox Live Marketplace nas súas descargas, na PlayStation Store. Con Gran Turismo HD Concept, Sony previo un título completamente barebone (moi limitado o semi ensamblado), coa idea de exixir a compra da maior parte do contido por separado a través de moitas microtransaccións en liña.[4]O proxecto foi cancelado pouco despois. Nintendo ofreceu unha cantidade máis escasa de contido de descarga na súa Wii Shop Channel, na súa maior parte a distribución dixital de emuladores dos títulos de Nintendo das xeracións anteriores.

Videoxogos musicais como Guitar Hero e Rock Band, tomaron vantaxe significativa nos contidos de descargas. Harmonix dixo que Guitar Hero II conta con «máis contidos en liña do que ninguén ha visto xamás nun xogo ata a data».[5]Aínda que o lanzamento do seu sucesor, Guitar Hero III: Legends of Rock, adiantouse a esta declaración. Rock Band conta co maior número de elementos de descarga de calquera consola de videoxogos, cun número constante de novas cancións que se engaden semanalmente. A adquisición de todo o contido de descarga para Rock Band costa ó menos $500.

En videoconsolas portátiles editar

A través do uso da conexión Wi-Fi e por cable de Nintendo, os usuarios poden descargar contido para a Gameboy e Nintendo DS en certos xogos; un bo exemplo é Picross DS,[6] no que os usuarios poden descargar paquetes de 'crebacabezas' o puzles clásicos dos anteriores xogos Picross (como Mario's Picross),así como para descargar contido xerado por usuarios.[7]Se penso que no videoxogo Professor Layton and the Curious Village os "crebacabezas bonus" podían ser descargados mediante a conexión Wi-Fi de Nintendo, non obstante, esta conexión simplemente abriu o crebacabezas que se almacena xa no xogo.[8]Do mesmo modo, en Moero! Nekketsu Rhythm Damashii: Osu! Tatakae! Ouendan 2 había traxes ocultos que se activaban en lugares de descarga DS por un tempo limitado.

Debido ao uso de cartuchos por parte da Nintendo DS e a falta dun disco duro, hai espazo limitado para o DLC e os desenvolvedores tendrían que planificar o espazo de almacenamento no cartucho. Picross DS so ten espazo para 10 paquetes de crebacabezas, e os DLC de Professor Laytonn's e Ouendan 2 xa están no cartucho e se desbloquean cun código por semana.

Os DLC de Nintendo son distintos, xa que están dispoñibles sen custo ningún. Non obstante, a Nintendo DSi conten unha tenda similar á da Wii que conten xogos e aplicacións, a maioría destes deben ser comprados utilizando os Nintendo Points. Tamén vale a pena sinalar que, utilizando o Nintendo Channel da Wii, varios arquivos de DS, como demos e vídeos de xogos, se poden descargar na consola e transferirse vía inalámbrica a unha computadora de mano DSi. Coa chegada da Nintendo 3DS, se prevé que varios videoxogos do portátil, comprados de forma física, conten con DLC (un exemplo sería Sonic Generations, onde o nivel "Casino Night Zone" se descarga por medio dun código incluído no xogo).

A partir do iPhone OS versión 3.0, de Apple, a descarga de contido (DLC) se fixo dispoñible para a plataforma a través de aplicacións compradas desde a App Store. Se ben esta capacidade foi inicialmente so dispoñible para os desenvolvedores de aplicacións de pago, Apple finalmente permite aos desenvolvedores ofrecer isto en aplicacións gratuítas no outubro de 2009.[9]

Notas editar

  1. Fryguy64 (28 de xuño de 2001). "Super Famicom /SNES and Broadcast Satellaview-X". NinDB (en inglés). Archived from the original on 10 de agosto de 2007. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  2. Hilary Goldstein (20 de maio de 2012). "Ninja Gaiden Hurricane Pack Vol. 1". IGN (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  3. Aaron Boulding (20 de maio de 2012). "Buy More MechAssault". IGN (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  4. James Orry (21 de septembro de 2006). "Gran Turismo HD will be a barebones release". VideoGamer.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  5. James Orry (15 de febreiro de 2007). "Guitar Hero II for Xbox 360 to have most DLC ever". VideoGamer.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2021. Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  6. "Picross DS". IGN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  7. Jeremy Parish (31 de xullo de 2007). "Picross DS Review from DS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  8. "Professor Layton And The Not So Dowloadable Content". GoNintendo (en inglés). 20 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  9. Brian X. Chen (15 de outubro de 2009). "Apple Allows In-App Purchases in Free iPhone Apps" (en inglés). Wired. Consultado o 29 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar