Dólar de Kiribati
Dólar de Kiribati | |
---|---|
Kiribati Dollar | |
Código: | KID |
Ámbito: | Kiribati |
Símbolo: | $ |
Fracción: | 100 cents (¢) |
Moedas: | 5, 10, 20 e 50 cents 1 e 2 dólares |
Billetes: | Os billetes circulantes son de dólar australiano |
Emisor: | Banco de Reserva de Australia |
Taxa de troco: 14-08-2011 | 1 EUR = 1,3765 KID 1 USD = 0,966 KID |
O dólar de Kiribati é a moeda oficial da República de Kiribati. Non é unha moeda independente, mais posúe o mesmo valor que o dólar australiano. Foron impresas e están en circulación dende 1979, circulando xunto ás moedas e billetes de dólar australiano. Estas moedas, a pesar de posuír o mesmo valor que o dólar de Australia, circulan con menor frecuencia que esta.
Historia
editarAntes da súa independencia, as moedas australianas xa circulaban en Kiribati (daquela chamado Illas Gilbert) entre 1966 e 1979. Antes da introdución en Australia do dólar, a libra australiana era frecuentemente empregada nas illas Gilbert e Ellice.
Durante a ocupación xaponesa das illas durante a segunda guerra mundial, o Oceania Pound, e tódolos billetes creados polo Goberno Xaponés para que foran unha moeda universal no Pacífico, estiveron en uso. A libra australiana restaurouse como a moeda nacional oficial logo do final da Guerra.
En 1979 introduciuse a nova moeda de Kiribati para lexitimar o seu novo status político independente.
Moedas
editarAs moedas foron introducidas en 1979 en denominacións de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar. A excepción dos 50 céntimos e 1 dólar, as moedas son do mesmo tamaño que as moedas australianas correspondentes. Os 50 céntimos son máis pequenos e redondos, mentres que a de 1 dólar é máis grande e posúe a forma dun dodecágono.
Descricións dos reversos das distintas moedas:
- 1 CENT: Illa de Nadal e fragatas
- 2 CENTS: Planta B'abal
- 5 CENTS: Tokai Gecko
- 10 CENTS: Árbore do pan
- 20 CENTS: Tres golfiños
- 50 CENTS: Planta Panda
- 1 DOLLAR: Outrigger
- 2 DOLLARS: Choza tradicional e Hibiscus