Día de San Xurxo

O Día de San Xurxo (en catalán: Diada de Sant Jordi) en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril co Día do Libro e a Feira das Rosas, símbolos da cultura e do amor, e é tamén unha xornada que reivindica a cultura catalá.[1] É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella «como o sangue» á amada. Na década de 1930 engadíuselle o costume de agasallar un libro ó mozo, por mor do día do libro. O mesmo día tamén é o Día Nacional de Aragón. San Xurxo é tamén o patrón de importantes cidades como Alcoi e Cáceres (desta última desde nada menos que no século XIII) [Cómpre referencia]

Día de San Xurxo, nas Ramblas de Barcelona.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar