Día das Bibliotecas

celebración anual

O Día das Bibliotecas[1], denominado Día da Biblioteca ata ao ano 2018, celébrase cada 24 de outubro en toda España. Esta celebración naceu en 1997 promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte.[2][3] A data foi escollida en memoria do incendio que destruíu a Biblioteca de Saraxevo en 1992.[4] Dende o ano 2019 inclúe o lema "Aptas para todos os públicos" e segue unha liña temática anual. En 2019 o fío condutor foi o traballo das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Ministerio de Cultura e Deporte (ed.). "Presentación del Día de las Bibliotecas 2019". www.culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  2. "Día de la Biblioteca 2019". www.amigosdellibro.com (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  3. Anzano, Julian (18 de outubro de 2018). "El próximo 24 de octubre celebramos como cada año el Día de la Biblioteca". CCB (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. Domínguez, Lucía (2013-10-24). "24 de octubre, Día de la Biblioteca". BiblogTecarios (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar