Cyrus McCormick

Cyrus Hall McCormick, nado en Shenandoah Valley (Virxinia) o 15 de febreiro de 1809 e finado en Chicago o 13 de maio de 1884, foi un inventor estadounidense, fundador da empresa McCormick Harvesting Machine Company, que se converteu en parte de International Harvester Company en 1902.[1]

Cyrus McCormick
Cyrus McCormick engraving.png
Nacemento15 de febreiro de 1809
Lugar de nacementoCondado de Rockbridge
Falecemento13 de maio de 1884
Lugar de falecementoChicago
CausaIctus
Soterradocemiterio Graceland
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióninventor, xornalista, empresario, activista pola paz e emprendedor
PaiRobert McCormick
CónxuxeNancy Fowler McCormick
FillosHarold Fowler McCormick, Cyrus Hall McCormick II e Stanley Robert McCormick
IrmánsWilliam Sanderson McCormick e Leander J. McCormick
PremiosOficial da Lexión de Honra e Salón da Fama dos Inventores Nacionais
Na rede
WikiTree: McCormick-745 Find a Grave: 694 Editar o valor em Wikidata
Cyrus McCormick signature.svg
editar datos en Wikidata ]

McCormick foi considerado de xeito simplista como o inventor único da segadora mecánica. Porén, foi un dos varios enxeñeiros de deseño que produciron modelos con éxito na década de 1830. A súa obra construíuse sobre máis de dúas décadas de traballo por parte do seu pai, Robert McCormick Jr., ademais de coa axuda de Jo Anderson, escravo propiedade da familia.[2] Tamén desenvolveu con éxito unha empresa moderna, que fabricada, empaquetaba e vendía os seus propios produtos.[3]

TraxectoriaEditar

Cyrus Hall McCormick naceu no rancha da familia McCormick no condado de Rockbridge (Virxinia), no lado oeste das Blue Ridge Mountains. Os seus pais foron Robert McCormick (1780–1846) e Mary Ann Hall McCormick (1780–1853),[4] ambos eran de orixe irlandés, presbiterianos de relixión cristiá protestante da provincia do Ulster.[5]

Foi o máis vello de oito fillos e recibiu moi pouca ou ningunha educación formal.[6]

Non obstante, a plantación dos McCormick mantiña un número de escravos, cada membro da familia tivo a obriga de participar nas tarefas produtivas, principalmente durante as épocas de colleita. Dende novo, Cyrus McCormick prefiriu e propuxo o emprego de máquinas para aliviar a dureza do traballo no campo e facelo máis eficiente. Durante a súa adolescencia deseñou e patentou aparatos que reducían a carga de traballo para os que laboraban a terra. Despois intentou vender algunhas das súas invencións, mais non tivo maior éxito neses intentos.[6] Finalmente por fin logrou levar a cabo as súas ideas, tendo un grande éxito e foi quen de construír un verdadeiro emporio industrial.

As máquinas que construíu e patentou, particularmente aquela que empregou cordeis de agave para enfardar a palla ou o feo que resultaban das colleitas de trigo.

Durante os catro últimos anos da súa vida, McCormick estivo paralítico logo de que un infarto paralizase as súas pernas; foi incapaz de falar nos seus dous últimos anos. Faleceu na súa casa de Chicago o 13 de maio de 1884.[7] Foi enterrado no cemiterio de Graceland.[8] Foi sobrevivido pola súa viúva, Nettie, que continuou as súas actividades cristiás e de caridade, nos Estados Unidos e no estranxeiro, entre 1890 e a súa morte en 1923.

NotasEditar

  1. "Cyrus Hall McCormick". Wisconsin Historical Society. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2012. Consultado o 1 de marzo de 2011. 
  2. "Jo Anderson". Richmond Times-Dispatch. 5 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de abril de 2015. 
  3. McCormick III, Cyrus Hall (1931). The Century of the Reaper (en inglés). Houghton Mifflin. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  4. Gross, Daniel (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (1.ª ed.). Nova York: John Wiley & Sons. pp. 24–32. ISBN 0-471-19653-3. 
  5. Casson, Herbert Newton (2009) [1909]. Cyrus Hall Mccormick: His Life and Work. BiblioBazaar, LLC. ISBN 1110232942. 
  6. 6,0 6,1 Iles, George (1912). "Cyrus H. McCormick". Leading American Inventors (2.ª ed.). Nova York: Henry Holt and Company. pp. 276–314. 
  7. "Cyrus H. McCormick Dead" (PDF). The New York Times. 14 de maio de 1884. Consultado o 21 de agosto de 2007. 
  8. Hutchinson, William Thomas (1935). "Cyrus Hall McCormick: Harvest, 1856-1884" 2. Nova York: D. Appleton, The Century Company. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar