Custodio García Rovira

Custodio García Rovira, nado en Bucaramanga o 2 de marzo de 1780 e finado en Bogotá o 8 de agosto de 1816, foi un militar colombiano coñecido como o Estudante polos realistas.

Custodio García Rovira
García Rovira.jpg
Nacemento2 de marzo de 1780
Lugar de nacementoBucaramanga
Falecemento8 de agosto de 1816
Lugar de falecementoBogotá
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeColombia
Alma máterUniversidade de Santo Tomás
Ocupaciónpintor e avogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de Juan de Dios García e Rosa Rovira. Estudou teoloxía e leis, foi tamén afeccionado á pintura e á música.

En 1814, logo que o Congreso colombiano creara o sistema de triunvirato, García Rovira entón gobernador de El Socorro foi un dos tres presidentes elixidos para o poder executivo. O 28 de novembro de 1814 converteuse no presidente das Provincias Unidas de Nova Granada ata o 28 de marzo de 1815 e reelixido en 1815.

En 1816 tras ascender a xeneral foi nomeado Comandante do Exército do Norte. O 21 e 22 de febreiro dese ano dirixiu a Batalla de Cachirí, onde foi derrotado polas tropas españolas o que provocou a renuncia do presidente José Fernández Madrid e a elección de García Rovira como presidente-ditador o 22 de xuño. O 19 de xullo os españois fixérono prisioneiro, sendo condenado a morte o 7 de agosto e fusilado o día seguinte.