Currículum vítae

(Redirección desde «Currículo»)

O termo latino curriculum vitae, que pasou ao galego como currículum vítae[1] e tamén, na forma abreviada, como currículo[2], significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos"). Tamén é habitual atopalo mencionado coa abreviatura CV[3].

Exemplo de Curriculum vitae en inglés.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para currículum vítae.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Currículo.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para CV.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar