Cunca tibetana

Unha cunca tibetana (tamén coñecida como cunca do Himalaia) é unha especie de campá con forma cónica. A persoa que a toca faino desde un estado de repouso, sentado ou nunha posición similar cómoda. Os lados e o bordo das cuncas tibetanas vibran e producen un son. Estas cuncas usáronse tradicionalemente en Asia como parte do Bön e do sadhana budista tántrico. Actualmente empréganse por todo o mundo dentro e fóra das tradicións espirituais, para a meditación, relaxación, musicoterapia e tamén en prácticas relixiosas.

Antigas cuncas do Himalaia

As cuncas tibetanas elaboráronse historicamente no Tíbet, o Nepal, a India, Bután, a China, o Xapón e Corea. Hoxe fanse no Nepal, a India, o Xapón e Corea. O tipo máis coñecido destas cuncas son da rexión do Himalaia.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar