Cuatrosfera foi un programa contedor da canle de televisión española Cuatro emitido entre o 8 de novembro de 2005 e o 29 de abril de 2010. Emitía distintas series de ficción e animación nas mañás da fin de semana e nas noites de luns a xoves.

Cuatrosfera
Duración 120 minutos (aprox.)
Cadea Cuatro
Día da estrea 8 de novembro de 2005
Última emisión 29 de abril de 2010
Nº de temporadas 5

Formato editar

Tratábase dun programa xuvenil con presentadores que intercalaba series con reportaxes. Diferenciábanse dúas edicións: Cuatrosfera Urbano (ou mañás) e Cuatrosfera +18 (ou noites).[1]

Ambas as edicións compartían o mesmo estudio e algunhas reportaxes.

Cuatrosfera Urbano editar

Esta edición estaba presentada por Manuela Velasco, e nunha primeira etapa xunto a Víctor Masán.

Emitiron series como: Dragon Ball Z, Rebelde Way e V.

Cuatrosfera +18 editar

Esta edición estaba presentada por Kira Miró, nunha primeira etapa xunto a Johann Wald e despois xunto a Ernesto Sevilla. Colaboraba xente como Sandra Uve, Jordi Costa ou Pedro Quella.

O programa repasaba en ton humorístico as tendencias máis quentes, emisións insólitas doutras cadeas de televisión, o último en videoxogos e as novidades de Internet.

Emitiron series como Alias, Gasaraki, Bleach ou South Park.

Series de Cuatrosfera editar

Notas editar

  1. Diario ABC, ed. (7 de novembro de 2005). "Cuatro arranca hoy y desaparece Canal+ analógico" (en castelán).