Kevin Spencer é unha serie de animación canadense para televisión creada por Greg Lawrence. Emitiuse en Canadá na canle de cable The Comedy Network. En España foi emitida pola cadea Cuatro en aberto e en Cataluña pola cadea Canal 33 dobrada en catalán.

Kevin Spencer
XéneroComedia negra
Creado porGreg Lawrence
Escrito porGreg Lawrence e Rick Kawlbars
Dirixido porDave Bigelow
País de orixeCanadá
Lingua(s)Inglés
Temporadas8
Episodios113
Produción
Produtor(es)Greg Lawrence
Duración23 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Primeiro episodio17 de xaneiro de 1999
Derradeiro episodio6 de novembro de 2005
Na rede
IMDB: tt0250876 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kevin Spencer foi a primeira produción de animación para adultos que bateu récords de permanencia no Canadá.[1] As 8 tempadas da serie actualmente están dispoñíbeis en Amazon Prime Video, Plex e Tubi.[2]

A serie editar

Kevin Spencer é unha comedia de animación para adultos que narra as conmovedoras aventuras dun rapaz adolescente de 16 anos que ameaza con converterse nun sociópata.[1] A serie é unha sátira social que se centra nas institucións sociais e xurídicas canadenses.

Cada capítulo de 23 minutos de duración ten como escenario a cidade de Landville, no Canadá, e xira ao redor das ocorrencias da vida diaria da familia Spencer, xeralmente sobre a vida do único fillo da parella, Kevin. As historias dentro da serie tocan temas de interese para moitos adolescentes, aínda que Kevin reacciona de forma "lixeiramente distinta" que a maioría.

A técnica de animación de personaxes e fondos sobrepostos semellante á de South Park nos seus inicios foi modernizada, así como a temática. O emprego dunha linguaxe soez, a violencia, os temas atípicos e as situacións absurdas son trazos tamén moi afíns á serie de Trey Parker e Matt Stone.

Na primeira tempada a serie centrábase moito nas visitas de Kevin ao cárcere, centros de menores e manicomios, pero nas seguintes viáxase á perspectiva da súa vida doméstica, explicando os anos anteriores ao seu presidio.

Personaxes editar

  • Kevin Spencer é un rapaz de dezaseis anos, vándalo, fumador empedernido, alcohólico, adicto aos xaropes para a tose, inhalador de pintura e sociópata. Apenas vai ao colexio. Malia esta descrición inicial, non é máis que un pobre rapaz que intenta encaixar nunha sociedade que se burla del. O personaxe de Kevin non di unha soa palabra na serie, agás cando se imaxina a si mesmo en soños.
  • Allan, o ganso máxico é o amigo imaxinario de Kevin, e a voz da súa conciencia. É un ganso antropomórfico que lle incita a cometer moitos dos seus vandalismos e tolemias. É posíbel pensar que Allan non sexa froito da imaxinación de Kevin, senón un ente que pode posuír tamén a outras mentes, como se ve nun capítulo no que ambos discuten e se separan. Voz en español: Alberto Escobar.
  • Anastasia Spencer é a nai de Kevin; é gorda, alcohólica e promiscua. Carece de calquera clase de atractivo físico. Voz en castelán: Ana Bego Eguileor.
  • Percy Spencer é o pai de Kevin. É gordo, alcohólico, analfabeto e violento. Tan só se obsesiona en conseguir cigarros e alcohol, ademais dos cheques do goberno. Tanto Percy como o seu fillo Kevin estiveron varias veces en prisión. Voz en español: Juan Carlos Gutiérrez.

Episodios editar

Primeira tempada

  • 1x01 A first time for everything
  • 1x02 Allen the magic goose
  • 1x03 Life lessons
  • 1x04 A pillar of the community
  • 1x05 Family values
  • 1x06 The golden days of youth
  • 1x07 Psychiatrist #1
  • 1x08 The new Mr. Franklin (Parent-Teacher Interview)
  • 1x09 Fire starter
  • 1x10 Ward off the state
  • 1x11 Public offender
  • 1x12 Drugs of democracy
  • 1x13 Keep the homefires burning

Segunda tempada

  • 2x01 There goes the neighborhood
  • 2x02 A day off
  • 2x03 Squirrels
  • 2x04 Malled by a dog
  • 2x05 In like Plunt
  • 2x06 In Kevin we trust
  • 2x07 The crime-fighting vagina
  • 2x08 The Coulson Widow
  • 2x09 Good will Spencer
  • 2x10 Field Tripping
  • 2x11 The art of Pornman
  • 2x12 The potted goose
  • 2x13 The stripper strikes back
  • 2x14 Corrupting our youth
  • 2x15 Runaway
  • 2x16 The Tomb
  • 2x17 Dreamland
  • 2x18 The Cruise

Terceira tempada

  • 3x01 Homeward bound
  • 3x02 Invisible Sociopath
  • 3x03 Night School
  • 3x04 Bruno Gerussi must die
  • 3x05 Festival of flowers
  • 3x06 Telemarketing - Operators are standing by
  • 3x07 Mont-surreal
  • 3x08 Homunculus
  • 3x09 Drunken Welfare Man Vs. Evil
  • 3x10 Jacked in
  • 3x11 MOW
  • 3x12 Practical jokes
  • 3x13 Orion
  • 3x14 Much like Percy, Christmas comes but once a year
  • 3x15 Dooley & Chubbs
  • 3x16 Pat-riot-ism
  • 3x17 Blackout
  • 3x18 A day in the school
  • 3x19 We'll Be five for you

Cuarta tempada

  • 4x01 Bingo
  • 4x02 Snowfort
  • 4x03 The talented Mr. Spencer
  • 4x04 Hostage Cupcake
  • 4x05 Fang
  • 4x06 Bruno Gerussi must die again
  • 4x07 Add beer ad
  • 4x08 Peacekeeping Percy
  • 4x09 Serial killer
  • 4x10 Retooling the tool
  • 4x11 Big ass spookey Halloween
  • 4x12 BUZZ
  • 4x13 Letters, legs and booze
  • 4x14 Chile
  • 4x15 The room
  • 4x16 Showdown
  • 4x17 Kevin's girl
  • 4x18 Beach blaket bloodbath

Quinta tempada

  • 5x01 Writing the wrongs
  • 5x02 Slingshot
  • 5x03 Watered down
  • 5x04 Spankdriven
  • 5x05 Plan 9 from project housing
  • 5x06 Working the rigs
  • 5x07 Two strokes and you are playing on it
  • 5x08 Sore Throats
  • 5x09 Sleeping it off
  • Plastic Percy
  • 5x11 Vernon Vs. Drunken Welfare Man
  • 5x12 Hey, barkeep
  • 5x13 Kevin, the musical

Sexta tempada

  • 6x01 Home improve-ment
  • 6x02 Don't fear the reefer
  • 6x03 That guy who liked pie
  • 6x04 Hogtown hogwild
  • 6x05 Dogfight
  • 6x06 Olympics Special
  • 6x07 Yes, yes... Oh oh yes, Prime Minister
  • 6x08 What goes around comes around
  • 6x09 Snowed in
  • 6x10 Home improv-ment/Little mother's helper
  • 6x11 Doing time
  • 6x12 That thing you can only say in french
  • 6x13 Merry Xmas

Sétima tempada

  • 7x01 Treble charger
  • 7x02 Legitimate claims
  • 7x03 Blow job
  • 7x04 Urban tras-hit
  • 7x05 Games without frontiers
  • 7x06 Black like Percy
  • 7x07 The heroic Spencers
  • 7x08 The buck stops here
  • 7x09 Quest
  • 7x10 One grand annoyance
  • 7x11 Uncle Lester
  • 7x12 Demolition Derby
  • 7x13 Booze Club

Oitava tempada

  • 8x01 The missing links
  • 8x02 Killing the messenger
  • 8x03 Hell or high water
  • 8x04 Die A Lot more and also once again
  • 8x05 Air show
  • 8x06 See you in hell

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Kevin Spencer - Episodio 1. ABC.es.
  2. "Kevin Spencer". Tubitv.com.