Abrir o menú principal

Rebelde Way é unha serie arxentina que viu a luz o 26 de maio de 2002 na canle arxentina Azul TV, que despois pasou a chamarse Canal 9, ata agosto de 2003, cando se trasladou a América TV. Unha idea orixinal de Cris Morena e producido pola súa empresa, Cris Morena Group, e a israelí Yair Dori Internacional, agora Dori Media Group, ten un total de 316 capítulos divididos en 139 na primeira tempada e 177 na segunda tempada. A serie chegou ao seu fin en decembro de 2003, despois de arrasar por todo o país natal, gran parte de Latinoamérica e Israel.

FormatoTelenovela xuvenil
Creado porCris Morena
IntérpretesBenjamin Rojas
Luisana Lopilato
Felipe Colombo
Camila Bordonaba
Diego García
Arturo Bonín
Tema de aperturaTiempo, Erreway
País de orixeFlag of Argentina.svg Arxentina
Episodios316 en 2 tempadas
Duración50 minutos aprox.
Canle de orixeCuatro
Formato de imaxe720p HDTV
Primeira emisión26 de maio 2002
Derradeira emisión18 decembro de 2003

Ademais da emisión no seu país de creación, a serie púidose ver en case toda Latinoamérica, Israel, Ucraína, Rusia, ademais outros moitos países de Europa central.

ArgumentoEditar

Primeira TempadaEditar

A serie conta as vivencias duns adolescentes estudantes internos nun colexio en Buenos Aires, Arxentina, chamado Elite Way School destinado aos fillos das familias máis poderosas e con maior nivel adquisitivo do país. Por outra banda, existe un método de bolsas no cal o aspirante a ingresar na devandita institución realiza un exame, dependendo deste a súa incorporación ao establecemento. Non obstante, un grupo de estudantes cuxo único interese é marxinar e excluír aos bolseiros, denominado A Loxia, realiza maquiavélicas trampas e demais estratexias para conseguir a expulsión destes.

A historia céntrase en catro estudantes do Elite Way School: Mía Colucci (Luisana Lopilato), Pablo Bustamante (Benjamín Rojas), Marizza Pía Spirito (Camila Bordonaba) e Manuel Aguirre (Felipe Colombo) que, por amor á música e a pesar das súas diferenzas, forman unha banda musical, Erreway, a escondidas dos profesores os cales tenta coartar a súa creatividade e capacidade de expresión.

Segunda TempadaEditar

A segunda tempada comeza co regreso das vacacións de verán dos rapaces do Elite Way. A banda Erreway reafírmase, e fan concertos polo país coa ilusión de gravar un disco que os leve á fama.

Non poden estar ausentes as historias de amor e nesta tempada os amores e desamores son máis intensos ca nunca, os rapaces xa creceron e séntense diferentes. As parellas de Pablo e Marizza, Mía e Manuel, pasan por altos e baixos acadando que triunfe o amor por encima de todos os obstáculos.

PersonaxesEditar

ProtagonistasEditar

Personaxes secundariosEditar

Rapaces:

Adultos:

Emisión en EspañaEditar

Rebelde Way comezou a emitirse en España en Localia no verán do ano 2005, na franxa horaria da media tarde. Simultaneamente tamén o fixeron cadeas de televisión por satélite, como ocorreu coa cadea xuvenil Jetix, de Dixital +.

Ante o éxito colleitado nesas cadeas e o recoñecemento da serie en países como Israel, comezou a emitirse en Cuatro o 13 de marzo do 2006 ás 15:30 con malos rexistros de audiencia. Ante isto, a canle nacional trasladou a serie ás mañás dos fins de semana. Ese mesmo verán a serie comezouse a emitir tódolos días nas mañás, obtendo magníficos resultados[Cómpre referencia].

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar