Ctenocarabus é un subxénero de insectos coleópteros da familia dos carábidos, pertencente ao xénero Carabus,[1] cuxas especies son endémicas do suroeste de Europa e Marrocos.

Taxonomía editar

Descrición editar

O subxénero foi descrito en 1875 polo entomólogo franco-estadounidense James Thomson.

Etimoloxía editar

O nome científico Ctenocarabus está formado polo elemento do latín científico cteno-, tirado do grego antigo κτείς, κτενός kteís, ktenós "peite",[2] e o nome do xénero Carabus. Literalmente, "os escarvellos que levan peites".

Especies editar

O subxénero comprende dúas especies:[1]

Caracteísticas editar

Son escaravellos corredores grandes, oblongos, a de cores metálicas. O pronoto é arredondado, bastante estreito. Os élitros son anchos, máis ben abobadados, coa superficie lixeiramente coriácea, están percorridos por costelas lonxitudinais. As patas e as articulacións internas das antenas adoitan seren de cor vemella alaranaxada.

Distribución e hábitat editar

O subxénero está moi estendido no suroeste de Europa e en Marrocos. Ambas as dúas especies pódense encontrar tanto en bosques como en campos abertos.

Posición sistemática editar

A árbore filoxenética é a seguinte:[3]

  • Orde Coleoptera Linnaeus, 1758
    • Suborde Adephaga Schellenberg, 1806
      • Superfamila Caraboidea Latreille, 1802
        • Familia Carabidae Latreille, 1802
          • Subfamilia Carabinae Latreille, 1802
            • Tribo Carabini Latreille, 1802
              • Subtribo Carabina Latreille, 1802
                • Xénero Carabus Linnaeus, 1758
                  • Subxénero Ctenocarabus Thomson, 1875
                    • Especie Carabus galicianus Gory, 1839
                    • Especie Carabus melancholicus Fabricius, 1798
                      • Subespecie Carabus melancholicus costatus Germar, 1824
                      • Subespecie Carabus melancholicus melancholicus Fabricius, 1798
                      • Subespecie Carabus melancholicus submeridionalis Breuning, 1975

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ctenocarabus no NCBI.
  2. cteno- no Merriam-Webster Dictionary.
  3. Catalogue of Life - 2019 Annual Checklist.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ctenocarabus en Lorenz, W. (2021): CarabCat: Global database of ground beetles (versión outubro de 2017). En: Catalogue of Life. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life (5-04-2021).

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar