Cruceiro de batalla de clase Kirov

Cruceiro de batalla da clase Kirov Frunze
Tipo: Cruceiro lanzamísiles (grande)
Fabricante: Estaleiros de Leningrado
Entrada en servizo: 1980
Unidades da clase: Kirov (Almirante Ushakov)

Frunze (Almirante Lazarev) Kalinin (Almirante Nakhimov) Yuri Andropov (Petr Velikiy)

Características xerais
Desprazamento: 24.300 t normal; 26.500 t a plena carga
Eslora: 252 m
Manga: 28,5 m
Calado: 10 m
Propulsión: Dous reactores KN-3 de auga a presión e dúas caldeiras de vapor, que dan 140.000 CV. Dúas hélices
Velocidade: 30 nós (55,5 km/h)
Autonomía: 25.000 km a 18 nós
Electrónica:
  • 1 radar "Top Pair" 3D
  • 1 radar "Top Steer" 3D
  • 2 radares de dirección de tiro "Top Dome" para os mísiles SA-N-6
  • 2 radares de dirección de tiro "Pop Group" para os mísiles SA-N-4
  • 2 radares de dirección de tiro "Eye Bowl" para os mísiles SS-N-14
  • 1 radar de dirección de tiro "Kite Screech" para os canóns de 130 mm
  • 4 radares de dirección de tiro "Bass Tilt" para os canóns de 30 mm
  • 3 radares de navegación "Palm Frond"
  • 1 sonar de proa de baixa frecuencia "Horse Jaw"
  • 1 sonar de profundidade variable e media frecuencia "Horse Tail"
  • 1 sistema ESM "Side Globe"
  • 10 sistemas ECM "Bell"
  • 4 sistemas ECM "Rum Tub"
Armamento:
  • 2 canóns de 130 mm
  • 8 canóns AA de 30 mm AK-630
  • 20 mísiles antibuque P-700 Granit (SS-N-19 Shipwreck)
  • 1 lanzador bitubo ASW Rastrub (SS-N-14 Silex) con 16 mísiles
  • 12 lanzadores óctuplos AA Fort (SA-N-6 Grumble) con 96 mísiles
  • 2 lanzadores óctuplos AA Kinshal (SA-N-9 Gauntlet) con 128 mísiles
  • 2 lanzadores dobres AA Osa-M (SA-N-4 Gecko) con 40 mísiles
  • 1 lanzacohetes ASW de 12 tubos RBU-6000
  • 2 lanzacohetes ASW de 6 tubos RBU-1000
  • 2 tubos lanzatorpedos quíntuplos de 533 mm con 40 torpedos ou mísiles Viyoga (SS-N-15 Starfish)
Aeronaves: Tres helicópteros Kamov Ka-25 ou Ka-27
Tripulación: 727

O cruceiro de batalla da clase Kirov é a maior clase de buque de combate construído na Unión Soviética e en calquera mariña de guerra dende a segunda guerra mundial. Iniciados como Proxecto 1144.2 Orlan, entraron en servizo como RKR (Raketnyy Kreyser, ou cruceiro lanzamísiles), aínda que polo seu aspecto, tamaño e potencia de fogo están máis próximos a un cruceiro de batalla que a un cruceiro lanzamísiles normal.

Os buques da clase Kirov deseñáronse nun principio como buques grandes antisubmarinos para destruír aos submarinos con mísiles balísticos mediante o emprego dos seus helicópteros Ka-25 ou Ka-27 e os mísiles Rastrub. Porén, coa aparición do mísil antibuque de longo alcance Granit, obtiveron a capacidade de combater grandes obxectivos de superficie. En caso de guerra, a súa misión sería destruír aos portaavións estadounidenses cos Granit con cabeza nuclear. Ademais, os Kirov contaban cunha excelente capacidade de defensa aérea, especialmente grazas aos mísiles Fort de longo alcance. A defensa aérea inmediata correspondíalle aos mísiles Kinshal e Osa e aos canóns de 30 mm. A misión dos torpedos e dos cohetes ASW era fundamentalmente a de prestar defensa contra submarinos e, no caso dos cohetes, antitorpedo. O gran tamaño dos buques tamén permite que teñan espazo para instalacións de mando, control e comunicacións, polo que poden actuar como buques insignia da frota.

Os Kirov teñen un sistema de propulsión único, consistente na combinación de motores nucleares e turbinas de vapor. Hai dous reactores nucleares acoplados a outras tantas caldeiras. As caldeiras requentan o vapor procedente dos reactores para darlle maior potencia de saída dispoñible para navegar a gran velocidade.

Entre 1974 e 1989 iniciouse a construción de cinco buques, aínda que só se completaron catro. Os primeiros buques recibiron o nome de heroes da revolución, pero coa caída daUnión Soviética todos foron rebautizados. O Almirante Ushakov (antigo Kirov) entrou en servizo en 1980, estivo inactivo dende 1990 por un accidente no reactor. Retirouse no 1998 para proporcionar repostos para os outros buques da clase. Finalmente, vai ser daguazado. O Almirante Lazarev (antigo Frunze) entrou en servizo en 1984, estivo fóra de servizo durante unha década e foi enviado ao despedazamento en 1997 por falta de fondos para ser reparado. O Almirante Nakhimov (antigo Kalinin) foi posto en servizo en 1988, reparado entre 1999 e 2005. Actualmente está en servizo. O Petr Velikiy (orixinalmente ía ser o Yuri Andropov) botouse en 1989, pero non se completou ata 1998. Regresou a dique seco tras as probas de mar. En 2004 foi reparado e posto en servizo. A quinta unidade planeada, o Almirante Kuznetsov (orixinalmente chamado Dzerzhinsky) foi cancelado tras os recortes de presupostos co fin da guerra fría.