Crowdsourcing
O crowdsourcing é unha estratexia polo xeral empresarial que se vale do traballo colectivo para sacar adiante unha determinada actividade, teña esta unha finalidade económica ou non.
Características
editarO nome vén da union de crowd (multitude) e sourcing (alimentación/nutrición), en referencia precisamente a ese traballo comunitario do que se nutre unha determinada empresa. A expresión foi creada polo escritor Jeff Howe e mailo editor da revista tecnolóxica Wired, Mark Robinson.
Trátase dun modelo de colaboración diferente ao dos proxectos de código aberto, onde o beneficio da colaboración é mutuo entre os colaboradores. A resolución do código aberto reúne persoas de todo o mundo a través de Internet para crear softwares complexos, como o núcleo Linux, a base de datos MySQL ou o navegador Mozilla, entre outros.
Nos últimos anos a nova vaga de Internet, coñecida como web 2.0 ou a web das redes sociais, evolucionou facilitando a colaboración en proxectos en liña de usuarios sen coñecementos técnicos. A importancia do crowdsourcing radica na posibilidade de que unha gran cantidade de participantes entusiastas poidan realizar o traballo dun pequeno grupo de profesionais experimentados.
O crowdsourcing parece estar destinada a ser unha das formas máis populares de creación de coñecemento. Se ben é certo que ten detractores que argumentan que "as masas son estúpidas" e o seu reflexo e creacións en moitas oportunidades non ten un resultado de calidade medianamente "aceptable", tamén é certo que certos mecanismos de control fronte á "alimentación" dada polas masas representan un método para lograr acumular valores ou captar a solución óptima a moitos problemas.
Funcionamento
editarExisten diversos tipos de crowdsourcing, sendo a fundamental o aumento do valor a través da participación das masas. As masas poden ser usuarios, colaboradores ou persoas que prestan ou ceden recursos, como no programa de investigación SETI.
O crowdsourcing non só se utiliza para acumular coñecemento, senón tamén para distribuír cargas de traballo ou focalizar a atención sobre determinado asunto ou obxecto, favorecendo así unha mellora sobre o obxecto focalizado.
Tipos
editarA propia Wikipedia é un dos máis coñecidos exemplos deste tipo de actividade. Miles ou millóns de persoas (multitude) contribúen con artigos, correccións, melloras, imaxes, revisións etc., como con accións puntuais que fan que a propia Wikipedia conteña cada vez máis coñecemento.
En Galiza, en 2010 apareceu unha organización a prol da promoción da lingua galega, GalegoLab, que traballa como un espazo de encontro baseado no crowdsourcing, valéndose da comunidade e poñéndoa en contacto para que diversas ideas e iniciativas acaden financiamento, promoción ou organización.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Crowdsourcing.com (en inglés).
- The Rise of Crowdsourcing, reportaxe de Jeff Howe (en inglés).