Cross country (ciclismo)

O Cross Country (XC) (en galego: Campo a través) é a disciplina máis común do ciclismo de montaña. Converteuse en deporte olímpico nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, EEUU.

Unha competición de cross-country.

Carreiras

editar
 
Carreira en Canberra no ano 2009.

O cross-country é menos difundido que o Descenso (DH) xa que é máis difícil de televisar. Nas carreiras de campo a través é máis importante a resistencia que a destreza técnica. As carreiras poden ser dunha duración de dende 30 minutos ata 24 horas. Ademais, moitas destas carreiras divídense en probas de etapas que duran varios días. As probas poden ser de saír dun lugar e chegar a outro ou de voltas a un circuíto. O campo a través en pista curta consiste en dar moitas voltas a un circuíto moi pequeno, isto resulta máis entretido para o espectador.

A diferenza das carreiras de descenso que se realizan en formato contra o reloxo, as carreiras cross country constan tradicionalmente dunha saída en masa ou dunha saída con intervalos, nestas saídas os ciclistas saen en diferentes grupos segundo a súa idade ou segundo a súa habilidades. Noutras carreiras que teñen unha gran zona de saída e non queren chancear o comezo, ás veces empregase a saída de Le Mans na que os ciclistas van correndo a pé cara ás súas bicicletas para arrancar.

Mundialmente, as carreiras son rexidas pola Unión Ciclista Internacional. Aquí na Galiza, as carreiras son rexidas pola Federación Galega de Ciclismo.

Modalidades

editar
 
Trazado usado dos Campionatos do Mundo do 2009.

Algunhas das disciplinas de XC son: o Cross-Country Eliminación (XCE), o Cross-Country Maratón (XCM), o Cross-Country Olímpico (XCO)...

Cross-Country Olímpico (XCO)

editar

Esta disciplina consta de dar voltas arredor dun circuíto de pouca distancia. É a única disciplina olímpica do ciclismo de montaña.

Cross-Country Maratón (XCM)

editar

Polo xeral estas rutas van dende os 65 km até os 100 km. Nos últimos anos, esta modalidade está gañando popularidade porque as competicións de XCM está abertas para calquera tipo de xente.

Cross-Country Eliminación (XCE)

editar

Nesta modalidade, a última persoa ou as dúas últimas persoas que cruzan a liña de meta quedan eliminadas da carreira.

Cross-Country Team Relay (XCTR)

editar

Esta é unha modalidade de relevos. Nela compiten varios equipos compostos por 4 ciclistas: 3 homes(1 júnior, 1 sub-23 e 1 elite) e 1 muller. Nestas carreiras, cada ciclista da unha volta ao circuíto e logo chócalle a man ao seu compañeiro en forma de relevo nunha zona específica para iso. Gaña o equipo, do que o cuarto ciclista chegue antes á meta. Nesta modalidade é moi importante a orde na que se poñen os ciclistas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar