Criticalia (libro)
obra literaria de Armando Requeixo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Criticalia.
Criticalia é unha escolma das recesións literarias máis destacadas do crítico mindoniense Armando Requeixo. Foi publicada a finais de 2011 pola compostelá Sotelo Blanco Edicións.[1] O libro consta de 373 páxinas, incluído unha apéndice de 26 no que figura unha relación de todos os traballos de crítica literaria non reproducidos. Recolle textos publicados dende mediados de 1991 (en xornais e revistas) até finais de decembro de 2010. Trata indistintamente narrativa, poesía e ensaio.[2]
Criticalia | |
---|---|
Autor/a | Armando Requeixo |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Estudos e Investigacións |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Sotelo Blanco |
Data de pub. | 2011 |
Páxinas | 373 |
ISBN | 978-84-7824-612-0 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten o suficiente grao de habelencia para ilustrar o lector nunhas poucas liñas verbo das bondades e carencias do produto literario, cultivando ademais un sentido apreciativo á vez libre, profundo e penetrante. As recensións críticas de Armando Requeixo son modélicas neste aspecto eludindo ao mesmo tempo tanto a gabanza inxustificada como a fobia maniquea compulsiva, froito de xenreiras persoais, da tentación do ninguneo ou de elementais lecturas superficiais.Francisco Martínez Bouzas
Notas
editar- ↑ "Crítica a cargo de M. Rodríguez Alonso". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2012.
- ↑ "Vinte anos de crítica literaria". NOVENOITES. 2011-12-06. Consultado o 2020-02-05.