Cristina Monge

socióloga e politóloga española

Cristina Monge ou Cristina Monge Lasierra, nada en Zaragoza, o 25 de febreiro de 1975, é unha socióloga e politicóloga española especialista en movementos sociais, emerxencia climática e transición ecolóxica.[1]

Infotaula de personaCristina Monge
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoliticóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zaragoza
El País
Infolibre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webglobernance.org… Editar o valor em Wikidata
Twitter: tinamonge Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cristina Monge estudou ciencias políticas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Ten formación de posgrao con mestrado na Unión Europea pola UNED, mestrado en comunicación política pola Universidade Autónoma de Barcelona. Doutorouse na Universidade de Zaragoza cunha tese doutoral sobre o movemento 15-M, que tamén analizou no seu libro 15M: un movimiento político para democratizar la sociedad.[2]

Monge é profesora asociada de Socioloxía na Universidade de Zaragoza e na UNED. Tamén realiza colaboracións noutras organizacións dedicadas á formación como o Instituto Nacional de Administracións Públicas (INAP) e varias universidades en temas de participación cidadá, democracia e sostibilidade ambiental.[1] Traballa como consultora en organizacións como a Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento (ECODES) ou a Fundación Renovables. Tamén traballa como editora de coleccións sobre política e democracia na editorial Gedisa onde publicou o seu libro Hackear la Política de 2019.[3] Forma parte do consello editorial da revista Ethic.[4]

Monge publica os seus artigos como analista política en medios como Green European Journal, El País, Cadena SER, Infolibre, TVE, ou como coordinadora da Transición Enerxética en Axenda Pública .[5][6]

Desde 2020 é a presidenta da plataforma +Democracia.[7] Tamén dirixe, xunto con Jorge Urdánoz, a colección Serie Más Democracia para a editorial Gedisa. Xunto a Urdánoz escribiu a presentación do libro de Beatriz Acha Analizando o auxe da ultradereita publicado nesa colección.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Perfil (CV) del personal docente investigador". Consultado o 2021-02-08. 
  2. "Cazarabet conversa con... Cristina Monge Lasierra, autora de “15M. Un movimiento político para democratizar la sociedad” (Prensas de la Universidad de Zaragoza)". Consultado o 2021-02-08. 
  3. "Cristina Monge". 
  4. "Cristina Monge" (en castelán). Consultado o 2021-02-08. 
  5. "Cristina Monge, Analista en Agenda Pública" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2021. Consultado o 2021-02-08. 
  6. S.L, Ediciones Prensa Libre. "Noticias de Cristina Monge de infoLibre" (en castelán). Consultado o 2021-02-08. 
  7. +Democracia - Equipo Directivo mas-democracia.org, julio de 2021
  8. Acha Ugarte, Beatriz (2022). Analizar el auge de la ultraderecha (en castelán). (presentación de Cristina Monge e Jorge Urdánoz). Barcelona: Editorial Gedisa. ISBN 978-84-18525-59-9.