Cris Martínez

futbolista española
(Redirección desde «Cristina Martínez Gutiérrez»)

Cristina Martínez Gutiérrez, nada en Astorga o 26 de xuño de 1993, é unha futbolista española, que xoga como lateral dereita e capitá do Deportivo da Coruña. Milita na sección feminina do club galego dende a súa recuperación en 2016 e é a xogadora con máis partidos da súa historia.

Cris Martínez
Información persoal
Nome Cristina Martínez Gutiérrez
Nacemento 26 de xuño de 1993
Lugar de nacemento Astorga
Altura .
Posición Lateral dereita
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 22
Carreira xuvenil
2010–2012 Santa Ana
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2016 Santa Ana
2016– Deportivo da Coruña
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de abril de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada no barrio astorgano de Puerta Rey,[1] comezou a xogar ao fútbol aos 11 anos no equipo mixto do seu colexio.[2] A continuación xogou durante seis anos no Santa Ana, equipo astorgano do que era a capitá e a xogadora máis destacada.[3]

En 2016, con 23 anos, recibiu unha chamada para realizar unha proba na nova sección feminina do Deportivo da Coruña, recuperada tras case tres décadas de ausencia. Foi do agrado do adestrador Manu Sánchez, que a recolocou da dianteira ao lateral dereito, posición na que nunca xogara.[2][4] Foi titular no histórico primeiro partido oficial da historia do equipo, fronte ao Oviedo Moderno en Ponte dos Brozos, e nos seguintes anos converteuse nunha peza fundamental do club. Participou do primeiro ascenso á Primeira División en 2019 e na seguinte campaña foi unha das mellores laterais da máxima categoría.[4] Capitaneou o Deportivo dende 2021 e superou os 117 partidos de Gaby coa camiseta branquiazul, converténdose na xogadora con máis partidos da historia do equipo.[5][6]

Palmarés editar

Deportivo da Coruña

Notas editar

  1. Aparicio, Abel (6 de decembro de 2022). "Cristina Martínez: “Ojala emitan más partidos de la Liga femenina, seguro que la asistencia de espectadores crecería”" (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Iglesias, Ana (20 de decembro de 2019). "Cris Martínez: «La temporada pasada trabajaba ocho horas y luego iba a entrenar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  3. "Tras siete temporadas de fútbol el Santa Ana Femenino pone punto y final a su andadura" (en castelán). 13 de maio de 2017. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Pereira, Eder (2 de marzo de 2021). "Cris Martínez, historia del Deportivo Abanca". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  5. Pereira, Eder (7 de xullo de 2021). "Cris seguirá en el Depor Abanca hasta el 2023". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  6. "Cris xogará por oitava campaña consecutiva no Dépor ABANCA após prorrogar o seu contrato até xuño de 2024". 23 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar