Os crisomeloideos (Chrysomeloidea) son unha enorme superfamilia de escaravellos, que comprende decenas de miles de especies. As familias máis grandes que inclúe son Cerambycidae (escaravellos de longos cornos), con máis de 35 000 especies, e Chrysomelidae, con máis de 13 000 especies.[1]

Características editar

Os Chrysomeloidea, igual que outros Phytophaga, teñen o cuarto segmento tarsal reducido e agochado polo terceiro segmento. Varias especies desta superfamilia son importantes pragas de plantas. A especia Diabrotica undecimpunctata é unha importante praga de vexetais e é un insecto moi común en todo tipo de flores. O escaravello da pataca, Leptinotarsa decemlineata, ataca as patacas e outros membros das Solanaceae. O Anoplophora glabripennis asiático é outra importante praga de árbores onde foi introducida.[2][3] Parece evidente que durante o Xurásico e Cretáceo os Chrysomelidae alimentábanse de pole e despois de follas, gromos, ramiñas e raíces.[4]

Algunhas autoridades no pasado suxeriron sacar a familia Cerambycidae e familias relacionadas (Disteniidae, Oxypeltidae e Vesperidae) dos Chrysomeloidea para crear unha superfamilia separada que se chamaría "Cerambycoidea" (ver por exemplo[5]), pero en ausencia de evidencias que o apoien a monofilia dos grupos resultantes, esta proposta non foi moi aceptada na comunidade científica.[6][7][8][9]

Notas editar

  1. "Coleoptera". GBIF, Global Biodiversity Information Facility. Consultado o 2022-07-02. 
  2. "Asian Longhorned Beetle – A New Invasive Tree Pest In South Carolina". Home & Garden Information Center | Clemson University, South Carolina. 2020-06-16. Consultado o 2020-11-11. 
  3. "Anoplophora glabripennis: procedures for official control". Bulletin OEPP/EPPO Bulletin 43 (3): 510–517. 2013. doi:10.1111/epp.12064. 
  4. Jolivet, Pierre (1988). Jolivet, P.; Petitpierre, E.; Hsiao, T. H., eds. Food Habits and Food Selection of Chrysomelidae. Bionomic and Evolutionary Perspectives. Biology of Chrysomelidae. Series Entomologica (en inglés) (Dordrecht: Springer Netherlands). pp. 1–24. ISBN 978-94-009-3105-3. doi:10.1007/978-94-009-3105-3_1. Consultado o 2020-10-17. 
  5. Švácha, P.; Danilevsky, M.L. (1990). "Cerambycoid larvae of Europe and Soviet Union (Coleoptera Cerambycoidea). Part I.". Entomologia Generalis 15 (3): 202. 
  6. Nie, Ruie; Vogler, Alfried P.; Yang, Xing-Ke; Lin, Meiying (2020). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". Systematic Entomology 46 (1). doi:10.1111/syen.12447. 
  7. Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Davies, Anthony E.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; et al. (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys (88): 1–972. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807. 
  8. "Chrysomeloidea Report". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 2022-07-02. 
  9. "Chrysomeloidea superfamily Information". BugGuide.net. Consultado o 2022-07-02. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.