Crioulo da Güiana Francesa

crioulo falado na Güiana Francesa

O crioulo da Güiana Francesa (chamado Kriyòl gwiyannen polos seus falantes)[1] é un crioulo baseado no francés que se fala na Güiana Francesa, e en menor medida, en Suriname e a Güiana. Aseméllase ó crioulo antillano, mais existen diferenzas léxicas e gramaticais entre eles. Polo xeral, os antillanos poden entender crioulo da Güiana Francesa, aínda que poden producirse casos de confusión. As diferenzas atópanse nunha maior influencia do francés e do portugués (por da proximidade do Brasil e a presenza de portugueses no país durante varios anos). Tamén conta con palabras de linguas indíxenas e de orixe africana. Existen comunidades en Suriname e a Güiana que continúan a falar a lingua.

Crioulo da Güiana Francesa
Kriyòl gwiyannen
Falado en: Güiana Francesa
Total de falantes: 250 000–300 000 (2016)
Familia: Crioulo
 Francés crioulo
  Crioulo da Güiana Francesa
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gcr
ISO 639-3: gcr
Mapa
Status

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar