Abrir o menú principal

Criminal (libro)

novela de Xurxo Borrazás

Este artigo é sobre a novela de Xurxo Borrazás. Para outros significados, véxase crime

Criminal é unha novela publicada por Xurxo Borrazás en 1994. Recibiu o Premio da Crítica Española no ano 1994 e o Premio Arcebispo San Clemente en 1995.

Criminal
Autor/aXurxo Borrazás
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónMedusa
Xénero(s)Novela
EditorialSotelo Blanco
Data de pub.1994
Páxinas184
ISBNISBN 978847824218X

TramaEditar

Chucho Monteiro volve á súa aldea, na parroquia de Lendo (A Laracha), no lugar de Riba e pídelle ó seu irmán que lle deixe vivir coa súa familia. Desde diferentes puntos de vista, e con moitas regresións temporais, vai narrando os asasinatos cometidos por Chucho, e analizando a súa situación persoal, as súas teimas e as súas circunstancias.

PersonaxesEditar

  • Xesús Monteiro Silva, alias Chucho.
  • Daniel Monteiro Silva, irmán de Chucho.
  • Dolores Serantes Lema, Lola, dona de Daniel.
  • Daniel, o fillo de Lola.
  • Moino, o can.
  • O vello Monteiro, pai de Chucho e Daniel, tamén chamado Chucho.
  • Carme, abusada por Chucho na xuventude.
  • Moncho de Elvira, ou Monchiño, de 36 anos, gago.
  • Marcial, cura da freguesía.
  • Faustino, monago da igrexa de San Cristovo de Riba.
  • Matías, de Zarauzt e traballando en Southampton.
  • Manuel de Andrade, emigrante en Southampton.

TraduciónsEditar

  • Ao inglés por Carys Evans-Corrales como Vicious publicado en 2015 por Small Station Press, Small Stations Fiction[1].

NotasEditar