Cremónidas foi un político ateniense do partido democrático (século III a. C.). Adepto ao estoicismo, foi discípulo de Zenón de Citio.[1]. Alma da oposición nacionalista a Antígono II Gónatas, conseguiu derrotar ao partido pro-macedónico e facerse co goberno. A instigación súa, Atenas votou declarar a guerra ao rei de Macedonia, polo que dita guerra coñécese como guerra de Cremónidas (266 a. C. - 261 a. C.) Con ela pretendíase evocar o pasado glorioso da tradicional loita ateniense contra os tiranos, pero os tempos cambiaran. Agora, Atenas era un simple peón na loita estratéxica entre Macedonia e Exipto. En efecto, Antígono invadiu o Ática, e os esforzos combinados de Atenas, Esparta, Exipto e o Epiro, non bastaron para conterlle.

Modelo:BiografíaCremónidas
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Estratego
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTolomeo II Filadelfo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra cremonidiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Tolomeo II Filadelfo enviou unha frota,[2] que en combinación co exército do rei espartano Areo I debía atacar o Ática, pero nin sequera puideron penetrar nela, ao estar dominado Corinto por Crátero, irmán de Antígono. Os aliados retiráronse e Atenas tivo que renderse no transcurso do inverno entre 262 e 261 a. C. Cremónidas foi deposto e substituído por un estratego de Antígono.

A autonomía de Atenas terminou para sempre. Perdeu a facultade de acuñar moeda e a de elixir aos seus maxistrados. En diante, o único papel que lle reservará o futuro será o de cidade da cultura, papel que conservará até a conquista romana e máis aló.

  1. Diogene Laerzio, Vite dei filosofi, VII, 17
  2. Teles, Reliquiae; recognovit, prolegomena scripsit Otto Hense, II ed., Tubingae: Mohr, 1909, p. 23.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar