Cozido à portuguesa

O Cozido à portuguesa é un cocido tradicional da cociña portuguesa, composto de diferentes vexetais e legumes cocidos xunto con algunhas carnes: principalmente de tenreira e porco. É un prato invernal de gran contundencia e moi enerxético que se serve quente.

Cozido à portuguesa

Características

editar

Realízase como calquera cocido dos existentes na cociña e entre os vexetais empregados están os feixóns (feijões), patacas (batatas), cenorias (cenouras), nabos, coles (couves) e arroz. Entre os produtos cárnicos inclúese galiña (ou polo, frango), entrecosto de porco afumado (entrecosto de porco), orella de porco etc. Entre os embutidos está a tradicional farinheira, o chourizo (chouriço), a morcilla (morcela), o chouriço de sangue etc., todos eles dun profundo sabor afumado, sabor e aroma que o caracteriza fronte a outros cocidos da Península Ibérica.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar