As Coves del Cogul son un dos sitios de pinturas rupestres máis destacadas da arte rupestre levantina, que se estendía durante o Paleolítico por todo o Oriente da Península Ibérica. O lugar, situado en El Cogul, na comarca de Les Garrigues (Lleida), é denominado Roca dels Moros (Rocha dos Mouros), constando o seu uso como un santuario ou lugar máxico polos iberos e romanos.

Modelo:Xeografía físicaCoves del Cogul
(ca) Roca dels Moros Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deArte rupestre do arco mediterráneo da Península Ibérica Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEl Cogul, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°27′53″N 0°41′50″L / 41.464786, 0.6971
Características
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1998 (22ª Sesión)
Identificador874-021
Ben de interese cultural
Data25 de abril de 1924
IdentificadorRI-51-0000275
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoZona Arqueológica
Codi BCIN2017-ZA Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0000275 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC2876 Editar o valor en Wikidata

Foi descuberto polo párroco do lugar de El Cogul, Ramon Huguet, no ano 1908. Foron descritas por Ceferí Rocafort (Las pinturas rupestres de Cogul, Butlletí del Centre Excursionista de Catalunya, 1908). Unha segunda edición máis ampla foi publicada por Joan Cabré en El arte rupestre en España (1914).

As pinturas da Roca dels Moros, como toda a arte rupestre levantina, foron declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.

A escena de danza é a máis famosa. Vense nove mulleres que van emparelladas, unhas pintadas en negro e outras en vermello; levan unhas pequenas saias longas e bailan arredor dun home nu co sexo ostensíbel, tal e como é representada a figura masculina en case toda a arte rupestre levantina.

Xuntamente coas figuras humanas hai representacións de diversos animais; así mesmo aparecen inscricións, posteriores, en alfabeto ibérico e en latín, unha das cales é un exvoto, cousa que indicaría que o lugar foi un santuario, cuxo uso se prolongou até as épocas ibérica e romana.

En total na Roca dels Moros hai 45 figuras, 7 das cales van gravadas na pedra e 38 pintadas en vermello claro, negro e vermello escuro. O conxunto está preparado para as visitas do público.

Bibliografía

editar
  • Volume I da Història de Catalunya, dirixida por Pierre Vilar: Prehistòria i història antiga, de Joan Maluquer de Motes.
  • Anna Alonso Tejada i Alexandre Grimal Navarro: L´Art Rupestre del Cogul. Primeres Imatges Humanes a Catalunya, Pagès Editors, Lleida, 2007 (ISBN 978-84-9779-593-7)