Count Five
Count Five foi unha banda estadounidense de garage rock dos anos 60 procedente de San Jose, California, e coñecida polo seu sinxelo "Psychotic Reaction".
Count Five | |
---|---|
Orixe | San Jose, California, |
Período | 1964 - 1969 |
Xénero(s) | garage rock |
Selo(s) discográfico(s) | John Michalski Kenn Ellner Roy Chaney John Byrne Craig Atkinson Rocco Astrella |
Na rede | |
Traxectoria
editarO grupo formárono en 1964 John "Mouse" Michalski (guitarra) e Kenn Ellner (harmónica, voces), dous amigos do instituto que anteriormente tocaran en grupos de curta vida. Despois de tocar pouco tempo co nome The Squires, e tras varios cambios na formación, naceu The Count Five. Roy Chaney encargaríase do baixo, John "Sean" Byrne da guitarra rítmica e as voces e Craig "Butch" Atkinson da batería. Count Five gañou fama polo seu costume de vestir con capas ao estilo de Drácula nos seus directos.
"Psychotic Reaction", unha pedra angular do garage rock, foi inicialmente ideada por Byrne, sendo refinada polo grupo e converténdose no punto culminante das súas actuacións ao vivo. A canción estaba influenciada polo estilo de músicos contemporáneos como The Standells e The Yardbirds. Os seus membros foron rexeitados por varios selos ata que finalmente asinaron coa discográfica dos Ánxeles Double Shot Records. "Psychotic Reaction" foi lanzada como sinxelo, acadando o número 5 nas listas estadounidenses a finais de 1966. A banda seguiu durante un ano máis, pero caeu no esquecemento cando o seu hit desapareceu da memoria do público. Outro revés para a súa potencial carreira foi a decisión dos cinco membros (que tiñan entre 17 e 19 anos) de comezar carreiras universitarias.
Cara 1969, The Count Five separouse, pero a súa memoria foi inmortalizada nun ensaio publicado en 1972 polo xornalista de rock Lester Bangs, titulado Psychotic Reactions and Carburetor Dung. No mesmo, Bangs acredítalle á banda a edición de varios álbums, Carburetor Dung, Cartesian Jetstream, Ancient Lace and Wrought-Iron Railings e Snowflakes Falling On the International Dateline. Porén, ningún destes álbum realmente existiu, salvo na imaxinación de Bangs.
The Count Five reuniuse só unha vez, cando realizaron un concerto en 1987 nun club de Santa Clara, California chamado One Step Beyond. Esta actuación sería editada baixo o título Psychotic Reaction Live.
A canción "Psychotic Reaction" pode ser escoitada nunha das primeiras escenas da película de Wim Wenders Alice in the Cities (1974).
Craig Atkinson morreo o 13 de outubro de 1998 e John "Sean" Byrne o 15 de decembro do 2008. Roy Chaney formou unha nova banda nos anos 90 chamada The Count (con Byrne e o batería Rocco Astrella, que chegara a tocar no final da carreira orixinal do grupo). The Count lanzou o seu álbum de estrea, Can't Sleep, no ano 2002.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Psychotic Reaction | 1966 | Double Shot |