Cotto (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Cotto (de Κοττος Kottos, 'forte'’; en latín Cottus) era un dos Hecatonquiros, xigantes de cen brazos e cincuenta cabezas, fillo de Urano e Xea, e irmán de Briareo e Xigues.

Foi encerrado por Urano, xunto cos seus irmáns, no Tártaro, para ser liberado logo por Cronos, a quen axudaron a derrotar a aquel no transcurso da Titanomaquia.

Pero logo participou na Xigantomaquia do lado de Cronos, xunto a Xigues, polo que Zeus condenounos a quedar encerrados no Tártaro, onde remataron sendo vixiados polo seu irmán Briareo.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.