Correola
Correolas (xénero Convolvulus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Correola menor (Convolvulus arvensis) na Coruña | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
As correolas son plantas pertencentes ao xénero Convolvulus que conta cunhas 250 especies de plantas de flor na familia Convolvulaceae. Distribúense en moitas rexións temperadas. Son plantas de porte fino e miúdo, rubideiras e moitas con hábitos rastreiros. Teñen follas simples, en espiral e flores anchas con forma de trompeta.
Comúns en Galiza, reciben tamén os nomes dialectais de corriola, corregola e corregota[1].
Descrición
editarSon plantas anuales ou perennes de porte herbáceo ou rubideiras e algunhas especies de maior porte arbustos, acadando de 0,3 a 2 m de altura. As follas distribúense en espiral, e as flores teñen forma de trompeta, presentando especialmente cores brancas e rosadas, mais tamén azuis, violetas, púrpura ou amarelas nalgunhas especies.
Usos
editarMoitas das especies de Convolvulus están consideradas como herbas daniñas, que poden sufocar e abafar outras plantas máis valiosas gabeando nelas. Porén algunhas especies cultívanse coma ornamentais en xardinaxe, grazas ás súas atractivas flores.
As especies de Convolvulus serven de base na alimentación de larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluída a especie furadora de follas Bucculatrix cantabricella que se alimenta exclusivamente da especie Convolvulus cantabricus.
Etnografía
editarCantiga popular
editarTeño unha hèrba n'a hòrta
que lle chaman correòla.
Para falar ti comigo,
còmprech'un ano d'escòla[2]
Especies
editarAlgunhas especies comúns en Galiza
editar- Convolvulus arvensis: a correola menor[3] ou capelo.[4]
- Convolvulus sepium: a herba roqueira.[5]
- Convolvulus soldanella, a correola das praias ou soldanela.[6]
Listaxe xeral de especies
editarGalería de imaxes
editar-
Correola menor (Convolvulus arvensis).
Notas
editar- ↑ Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona
- ↑ referíndose quizais aos chantaxes. Recollido por Marcial Valladares Núñez en 1884, no seu Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ Marcial Valladares Núñez chámaa: hèrba ròquéira (1884) no seu: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soldanela.
- ↑ Listaxe completa de especies
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Correola |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Correola |