Corpúsculo de Meissner
Os corpúsculos de Meissner son un tipo de mecanorreceptor táctil da pel.[1] Son un tipo de terminacións nerviosas situadas na pel que son responsables da sensibilidade a toques lixeiros sobre a pel. Teñen a súa maior sensibilidade ás vibracións de menos de 50 hertz. Son receptores de adaptación rápida.
Reciben o seu nome do anatomista alemán Georg Meissner (1829–1905), que os descubriu.
Localización
editarEstán distribuídos en varias áreas da pel, pero concéntranse en áreas especialmente sensibles ao tacto lixeiro ou fino, como as xemas dos dedos e beizos.[2][3][4][5][6][7] Máis en concreto, están localizados principalmente na pel sen pelo (xemas dos dedos, palmas das mans, plantas dos pés) xusto debaixo da epiderme nas papilas dérmicas.[8]
Estrutura
editarOs corpúsculos de Meissner son terminacións nerviosas encapsuladas e non mielinizadas, que constan de células de soporte aplanadas dispostas como láminas horizontais rodeadas por unha cápsula de tecido conectivo. O corpúsculo ten unha lonxitude de entre 30 e 140 μm e un diámetro de entre 40 e 60 μm e unha forma alongada, elíptica ou piriforme, con extremos arredondados.
Teñen unha soa fibra nerviosa que cursa facendo espirais entre as láminas por todo o corpúsculo.
Cambios relacionados coa idade
editarO número de corpúsculos de Meissner por milímetro cadrado na pel da xema dos dedos humanos cae a catro veces menos entre os 12 e os 50 anos, o que se corresponde coa perda de sensibilidade táctil observada coa idade en diversos estudos [9].
Funcións
editarCalquera deformación física no corpúsculo causa un potencial de acción no nervio do corpúsculo. Como son receptores de adaptación rápida ou fásicos, os potenciais de acción xerados decrecen rapidamente e finalmente cesan (por iso non e "sente" a propia roupa).
Se o estímulo se elimina, o corpúsculo recobra a súa forma e ao facelo causa a xeración doutro potencial de acción.
Debido á súa localización superficial na derme, estes corpúsculos son particularmente sensibles ao tacto e vibracións, pero, pola mesma razón, están limitados a informar só de que algo está tocando a pel.
As sensacións de presión profunda (por exemplo, a dun golpe) xéranse nos corpúsculos de Pacini (o único mecanorreceptor táctil fásico ademais do de Meissner), que están situados a máis profundidade na derme, e nalgunhas terminacións nerviosas libres.
Ademais, os corpúsculos de Meissner non detectan a dor, a cal é detectada exclusivamente polas terminacións nerviosas libres.
Notas
editar- ↑ Paré, Michel; Joseph E. Mazurkiewicz, Allan M. Smith, and Frank L. Rice (2001-09-15). "The Meissner Corpuscle Revised: A Multiafferented Mechanoreceptor with Nociceptor Immunochemical Properties". The Journal of Neuroscience 21 (18): 7236–46. PMID 11549734.
- ↑ Cauna, Nikolajs; Leonard L. Ross (1960-10-01). "The fine structure of meissner's touch corpuscles of human fingers" (PDF). The Journal of Cell Biology 8 (2): 467–82. PMC 2224947. PMID 13691669. doi:10.1083/jcb.8.2.467. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Hoffmann, JN; Montag AG, Dominy NJ. (2004-11). "Meissner corpuscles and somatosensory acuity: the prehensile appendages of primates and elephants." (PDF). Anat Rec a Discov Mol Cell Evol Biol.: 1138–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Bongiorno, Rita Bongiorno; Spyridoula Doukaki, Mario Aricò (2010-01-25). "Neurofibromatosis of the nipple-areolar area: a case series". Journal of Medical Case Reports 4 (22): 22. PMC 2823760. PMID 20205809. doi:10.1186/1752-1947-4-22. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Martini / Bartholomew (1995/2010). Pearson Benjamin Cummings, ed. Essentials of Anatomy and Physiology 3E. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 25 de maio de 2012.
- ↑ Afifi, Adel K.; Ronald Arly Bergman (1998/2005). McGraw-Hill Professional, ed. Functional neuroanatomy: text and atlas. p. 16. ISBN 0-07-001589-9. doi:10.1036/0071408126. 10.1036/0071408126.
- ↑ "Nervous system - Touch". BBC. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Winkelmann, R. K. (1959-01-21). "The Erogenous Zones: Their Nerve Supply and Significance". Proceedings of the Staff Meetings of the Mayo Clinic 34 (2): 39–47. PMID 13645790. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017.
- ↑ Tactile sensitivity as a function of age. Thornbury and Mistretta, 1981. The Journal of Gerontology [1]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Donald L. Rubbelke D.A. Tissues of the Human Body: An Introduction. McGraw-Hill. 1999 Meissner's and Pacinian corpuscles
- Dawn A. Tamarkin, Ph.D. Anatomy and Physiology Unit 15 Vision and Somatic Senses: Touch and Pressure
- Gilman, S (2002). "Joint position sense and vibration sense: anatomical organisation and assessment". Journal of Neurology Neurosurgery and Psychiatry 73 (5): 473–477. doi:10.1136/jnnp.73.5.473.
- BUHistology 08105loa [2] - "Integument pigmented skin, Meissner's corpuscles "
- AnatomyAtlasesMicroscopic - 06|123 [3] - "Meissner's Tactile Corpuscle"
- Histology at rutgers.eud