Cora (foguete)

Foguete experimental europeo.

Cora é o nome dun foguete experimental europeo probado baixo a dirección da ELDO (European Launcher Development Organization), predecesora da ESA.[1]

Cora
Diagrama do foguete Cora.
Diagrama do foguete Cora.
Función Foguete experimental
Fabricante ELDO
País de orixe Europa[1]
Tamaño
Etapas 1
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]
Sitios de lanzamento Hammaguira, Biscarosse[1]
Total de lanzamentos 3[1]
Éxitos 1[1]
Fallos 2[1]
Voo inaugural 27 de novembro de 1966[1]
Último voo 25 de outubro de 1967[1]
Primeira Etapa - Cora[1]
Lonxitude 11,5 m[1]
Diámetro 2,01 m[1]
Masa cheo 16.500 kg[1]
Motores
Pulo 220 kN[1]
Propelente

CaracterísticasEditar

Cora foi un foguete experimental baseado no foguete francés Coralie e concibido para probar mediante voos suborbitais a segunda e terceira etapa do que debería ser o novo foguete europeo, o Europa.[1]

A intención inicial era usar dúas versión do Cora:[1]

  • O Cora 1, dunha soa etapa.
  • O Cora 2, cunha segunda etapa Astris, alemá.

Finalmente só se probou a versión Cora 1 (probándose de paso a cofia, de manufactura italiana), do cal se fixeron tres intentos de lanzamento. Dos tres intentos só se tivo éxito nun, abandonándose as probas nese punto. Máis tarde esta decisión revelouse desacertada, xa que as probas cos foguetes Europa completos fracasaron debido a problemas coas etapas superiores, cancelándose todo o proxecto e dando paso ós foguetes Ariane.[1]

Historial de lanzamentosEditar

Voo[1][2] Data[1][2] Sitio de lanzamento[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 27 de novembro de 1966 Hammaguira Fallo Primeiro voo.
2 18 de decembro de 1966 Hammaguira Éxito parcial
3 25 de outubro de 1967 Biscarosse Fallo Último voo

NotasEditar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Mark Wade (2011). "Cora" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Cora" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012.