Coproporfirinóxeno I

composto químico

O coproporfirinóxeno I é un isómero do coproporfirinóxeno III, un intermediario metabólico na biosíntese normal do grupo hemo. O composto non se produce normalmente no corpo humano; a súa produción e acumulación causa un tipo de porfiria. [1]

Coproporfirinóxeno I
Identificadores
Número CAS 31110-56-2
PubChem 440776
ChemSpider 389645
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C36H44N4O8
Masa molecular 660,757 g/mol
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A diferenza entre o coproporfririnóxeno I e III está en como están arranxados os catro carboxietilos (grupos "P") e os catro grupos metilo (grupos "M"). O isómero I ten a secuencia MP-MP-MP-MP, mentres que o III é MP-MP-MP-PM, coas dúas últimas cadeas laterais invertidas.

Biosíntese editar

O coproporfirinóxeno I non se produce na vía normal da biosíntese da porfirina. Porén, se o encima uroporfirinóxeno-III cosintase está ausente ou inactivo, prodúcese o composto uroporfirinóxeno I en lugar de uroporfirinóxeno III. O encima uroporfirinóxeno III descarboxilase actúa sobre o isómero I, producindo coproporfirinóxeno I:[2][1]

 

A reacción supón a conversión das catro cadeas laterais carboxymetil (ácido acético) a grupos metilo, coa liberación de catro moléculas de dióxido de carbono.

A diferenza do isómero III, o coproporfirinóxeno I (que é citotóxico) xa non se procesa ulteriormente no corpo, e acumúlase. Esta situación ocorre na condición patolóxica chamada porfiria eritropoética conxénita.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 S. Sassa and A. Kappas (2000): "Molecular aspects of the inherited porphyrias". Journal of Internal Medicine, volume 247, número 2, páxinas 169-178. doi 10.1046/j.1365-2796.2000.00618.x
  2. Paul R. Ortiz de Montellano (2008). "Hemes in Biology". Wiley Encyclopedia of Chemical Biology. John Wiley & Sons. ISBN 978-0470048672. doi:10.1002/9780470048672.wecb221. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.