Copa dos Pireneos

A Copa dos Pireneos (en francés: Coupe des Pyrénées) foi unha competición internacional organizada pola Federación Francesa de Fútbol entre 1910 e 1914, na que participaban os clubs profesionais das rexións limítrofes cos Pireneos: Cataluña, País Vasco, Languedoc, Mediodía-Pireneos e Aquitania.

Modelo:Competición deportivaCopa dos Pireneos
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Números de edicións5 (Último:1914) Editar o valor em Wikidata
PaísFrancia e España Editar o valor em Wikidata
Vixencia1910 – 1914 Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata

Foi unha das primeiras competicións a nivel internacional que houbo en Europa. A fase final disputábase cada ano nunha sede diferente. O gran dominador da Copa dos Pireneos foi o FC Barcelona, que gañou as catro primeiras edicións. A quinta edición venceuna o FC Espanya, tamén da cidade de Barcelona. A competición deixou de celebrarse logo da quinta edición, en 1914, a causa do estalido da primeira guerra mundial.[1]

Historial de finais

editar
Ano Sede Campión Subcampión Resultado
1910 Sète   FC Barcelona   Real Sociedad 2-1
1911 Tolosa   FC Barcelona   Gars de Bordeos 4-0
1912 Tolosa   FC Barcelona   Stades Bordelais Univ. Club 5-3
1913 Barcelona   FC Barcelona   Comète Simot 7-2
1914 Barcelona   FC Espanya   FC Barcelona 5-2

Palmarés

editar
Equipo Títulos
  FC Barcelona 4
  FC Espanya 1
  1. Carles Lozano Ferrer (19 de xuño de 2001). rsssf.com, ed. "Copa dos Pireneos" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2011.