A copa de Hixía é un dos símbolos máis coñecidos internacionalmente da profesión farmacéutica. Hixía era a deusa grega da sanidade. Trátase dunha serpe enroscada nunha copa ou cáliz.

Copa de Hixía.
Medalla (jeton) emitida en 1796 pola Sociedade parisiense de farmacia, onde se emprega por primeira vez o símbolo da copa e a serpe.

Simboloxía editar

Tanto a serpe como o cáliz son símbolos que representan a natureza feminina e fan alusión á "farmacéutica" aplicada por curandeiras e xamáns a base de herbas. A serpe asociábase na mitoloxía á muller pola súa natureza cíclica e á medicina pola súa capacidade de "resucitar" ao cambiar de pel. O cáliz é un símbolo feminino pola súa calidade de contedor (da vida) e á súa vez a farmacéutica por ser contedora (da medicina).

A copa de Hixía utilizouse como un símbolo da farmacia profesional polo menos desde 1796, cando se usou nunha medalla (jeton francés) acuñada pola sociedade parisiense de Farmacia.[1] Desde entón foi adoptada por moitas asociacións farmacéuticas de todo o mundo, tales como a Asociación Americana de Farmacéuticos, a Asociación Canadense de Farmacéuticos, a Sociedade Farmacéutica de Australia, a Sociedade Farmacéutica de Paquistán e a Federación Internacional Farmacéutica.

Notas editar

  1. "History of the Bowl of Hygeia award". Consultado o 16 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar