Cook Islands First Party

Cook Islands First Party foi un partido político das Illas Cook.

Cook Islands First Party
Tipopartido político
Data de fundación2004
Data de disolución2006
PaísIllas Cook
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Orixinalmente foi unha corrente dentro do Partido Demócrata afín ao primeiro ministro Robert Woonton fronte a Terepai Maoate. Nas eleccións de 2004 venceron os demócratas sen unha maioría clara, Woonton anunciou un goberno de coalición co Partido das Illas Cook encabezado por el mesmo[1] o que causou un importante debate no seo dos demócratas e Woonton foi expulsado do partido xunto co ministro de sanidade Peri Vaevae Pare, Woonton respondeu presentando o seu propio partido, o Demo Tumu Party, o 1 de decembro de 2004.[2].

Inicialmente o partido compúñano catro deputados: Pare, o entón ministro de educación Jim Marurai, Teenui Mapumai e Poko Simpson.[3] O novo partido mantivo o acordo que asinara Woonton co Partido das Illas Cook pero no reconto final da circunscrición de Manihiki Woonton empatou con Henry Puna, candidato do Partido das Illas Cook e o gobernador da Raíña disolveu o goberno que estaba en funcións desde os últimos comicios, convocando novas eleccións en Manihiki.[4], formouse un novo goberno con Jim Marurai como o novo primeiro ministro nun acordo para que Geoffrey Henry, líder do PIC o substituíra aos dous anos.[5]

A coalición disolveuse en 2005, e o partido, agora chamado "Cook Islands First", formou unha nova coalición cos demócratas.[6], pouco despois das eleccións de 2006 os dous partido reunificáronse.

Notas editar

  1. "Woonton announces new Cook Islands government". Radio New Zealand International. 2004-11-15. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 2009-04-12. 
  2. "Cook Islands prime minister forms new party". Radio New Zealand International. 2004-12-01. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 5 de decembro de 2010. 
  3. Jonassen, Jon Tikivanotau M (2006). "Polynesia in Review: Issues and Events: Cook Islands". The Contemporary Pacific 18: 128–133. 
  4. "Cooks to vote for new Prime Minister after election draw leads to by-election". Radio New Zealand International. 2004-12-12. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 5 de decembro de 2010. 
  5. "Jim Marurai is new Cook Islands prime minister". Radio New Zealand International. 2004-12-15. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 5 de decembro de 2010. 
  6. "Cook Islands PM sacks two more ministers". Radio New Zealand International. 2005-09-12. Consultado o 5 de decembro de 2010.