Partido das Illas Cook

O Partido das Illas Cook (Cook Island Party) é un partido das Illas Cook fundado o 15 de xuño de 1964[1] por Albert Royle Henry sobre a base da Asociación para o Progreso das Illas Cook, e os seus fundamentos eran o desenvolvemento económico, mantemento dos lazos con Nova Zelandia, a protección da cultura tradicional do país e o recoñecemento dos títulos tradicionais.[2]. Ao mes da súa fundación tiña máis de 2.000 en Rarotonga.[3]

Partido das Illas Cook
Tipopartido político
Data de fundación1964
PaísNova Zelandia
Na rede
http://www.cookislandsparty.org.ck
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O PIC estivo por primeira vez no poder de 1965 a 1978, data na que Albert Royle Henry se retirou da vida pública logo de cometer un delito electoral. Sucedeulle o seu primo Geoffrey Henry á cabeza do partido; volveu ao poder durante algúns meses en 1983, e posteriormente de 1989 a 1999. Participando nos anos seguintes en diversos gobernos de coalición, pasando á oposición logo das eleccións de 2006 que lle deron ao Partido Demócrata unha maioría confortable, pouco antes Geoffrey Henry decidírase retirar da vida pública, deixando o liderado en Henry Puna. En xuño de 2010 despois dunha disputa sobre a selección de candidatos Albert Nicholas deixou o partido fundando o Partido Tumu que concorreu sen éxito nas eleccións de 2010, que gañou con maioría absoluta o Partido das Illas Cook.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Web oficial (en inglés)

Notas editar

  1. Stone, David The Rise of the Cook Islands Party. Journal of the Polynesian Society 74:1, p. 92 (1965)
  2. Stone (1965), p. 94.
  3. Stone (1965), p. 99.